Skip to main content

Meteorólogos critican que la TVG quiere sustituirlos por periodistas para ahorrar

En un comunicado, los meteorólogos aseguran que CRTVG, por iniciativa propia, decidió modificar el convenio anual que cada año se renovaba con la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura, que hacía posible la presencia de profesionales cualificados trabajando exclusivamente para la cadena.

Según explican, dentro de sus atribuciones estaba la elaboración y presentación de la previsión meteorológica, el proceso de control, vigilancia y alerta inmediata de los fenómenos climáticos de mayor relevancia; además de asesorar a los redactores en la elaboración de noticias relacionadas con el tiempo. «Creemos preciso recordar que hay mucha gente que vive del mar, del campo o del turismo y que para ellos, una información meteorológica precisa es fundamental», indica el comunicado. También señalan que los actuales meteorólogos habían solicitado hace tres meses la interlocución con la dirección de la cadena para regular su situación laboral y que, ante la negativa de ésta, han iniciado el proceso legal de demanda de reconocimiento de sus derechos «que deberían ser equiparables a los del resto del personal de CRTVG».

La nota explica que la información meteorológica seguirá llegando desde MeteoGalicia a través de otro convenio y añade que el «supuesto ahorro» no existe, ya que sólo el salario base de los nuevos presentadores supera la cantidad del anterior convenio. «La dirección de la compañía pretende, que tras 15 días de formación exprés, los periodistas escogidos continúen llevando a los gallegos una información meteorológica rigurosa», criticaron los meteorólogos.

El colectivo considera que estos hechos, además de ir en la dirección contraria al resto de cadenas, rompe con el modelo de las televisiones públicas, en las que la responsabilidad técnica de un contenido tan específico recae en profesionales cualificados. «Supone un paso atrás en la historia de avance y mejora continua de la cadena en pro de la calidad del servicio público ofertado a la sociedad gallega», puntualiza el comunicado.

Nota de prensa remitida por los meteorólogos de TVG:

Por iniciativa da CRTVG decídese modificar o convenio anual que cada ano se renovaba coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co propósito de achegar ós galegos a información meteorolóxica de primeira man.

Ata o de agora, a CRTVG contaba con profesionais cualificados traballando diaria e exclusivamente na cadea. Dentro das súas atribucións destacaban, xunto coa elaboración e presentación da previsión meteorolóxica nos distintos espazos da cadea, o proceso de control, vixiancia e alerta inmediata ós servizos informativos daqueles fenómenos meteorolóxicos de especial relevancia para a sociedade galega, ademais de asesorar ós redactores da TVG na elaboración de novas relacionadas co tempo. Deste xeito a información de MeteoGalicia víase completada, ó tempo que se axustaba ás necesidades específicas da televisión pública galega.

A CRTVG esgrime por unha banda motivos económicos e por outra a internalización do servizo para non renovar o actual convenio e asinar un novo no que se modifican substancialmente as condicións de colaboración entre ambas institucións. A externalización do servizo segue existindo, porque a información seguirá chegando de MeteoGalicia a través doutro convenio; e o suposto aforro de cartos non existe, porque só o pago do soldo base dos novos presentadores supera a cantidade do anterior convenio.

Neste punto compre comentar que hai uns 3 meses, os actuais presentadores de O Tempo tras solicitar sen éxito, a interlocución coa dirección da TVG para regularizar a súa situación laboral, iniciaron o proceso legal de demanda de recoñecemento dos seus dereitos, que deberían ser equiparables ós do resto do persoal da CRTVG

A dirección da Compañía pretende que, tras 15 días de formación “expréss”, os xornalistas escollidos continúen a achegar ós galegos unha información meteorolóxica rigorosa, tan importante nun país que vive mirando ó ceo. Non cremos preciso lembrar que é moita a xente que segue a vivir do mar, do campo ou do turismo e para eles, unha información meteorolóxica precisa, é fundamental. Entendemos que estes feitos, ademais de ir na dirección contraria do resto das cadeas de televisión, racha co modelo maioritario nas televisións públicas no que, a responsabilidade técnica dun contido tan específico recae en profesionais da meteoroloxía, polo que supón un paso atrás na historia de avance e mellora continua da cadea a prol da calidade do servizo público ofertado á sociedade galega.
R.