Skip to main content

La ministra de Fomento dice que de los 25.000 millones pendientes, más de 8.500 corresponden al AVE gallego

La ministra de Fomento, Ana Pastor, presentará en julio de 2012 un nuevo Plan de Infraestructuras, Transportes y Vivienda (PITVI) que incluirá una inversión de unos 77.400 millones de euros sólo para carreteras y construcción de AVE, con una partida de unos 25.000 millones para inversiones, más de 8.500 de ellos para Galicia, y contará con horizonte de ejecución hasta 2024.

El plan tendrá tres vías de financiación: las aportaciones presupuestarias, los fondos europeos y la participación del capital privado, según detalló la titular de Fomento, que se comprometió a primar el "rigor de las inversiones" públicas. Durante su intervención en la Comisión de Fomento del Congreso, Pastor garantizó que todas las infraestructuras que promueva el Ministerio tendrán la "finalidad de mejorar la calidad de vida de los ciudadanos y aumentar la productividad del país". "El tiempo de las obras faraónicas, de los convenios sin dinero y de los aeropuertos sin tráfico ha terminado", advirtió.

El nuevo PITVI sustituirá a los actuales, el Plan Estratégico de Infraestructuras y Transportes (PEIT) y el Plan Estratégico de Infraestructuras (PEI), y se elabora junto con Hacienda "a partir del examen de la situación actual y de la valoración rigurosa de las necesidades de la sociedad".

De la inversión total, 52.403 millones de euros se destinarán a carreteras. De este monto, 18.668 millones se emplearán en la construcción de 3.500 kilómetros de nuevas vías de alta capacidad y otros 1.265 millones a la ampliación de las existentes. El resto del presupuesto de este capítulo se dirigirá a la red convencional y a seguridad vial.

El AVE contará con inversiones por 25.000 millones de euros. La conexión a Galicia acaparará la mayor partida, de 8.517 millones de euros, el importe estimado por Fomento para concluir y poner en servicio esta línea. La conexión por Alta Velocidad de las tres capitales vascas, la denominada 'Y' vasca, contará con una inversión de 4.323 millones, el AVE a Extremadura 2.651 millones de euros y el enlace a Asturias, 1.719 millones más.

El nuevo plan de infraestructuras contempla además una inversión anual de 450 millones de euros para modernizar la red ferroviaria convencional y otros 860 millones al año para su mantenimiento, y otros 2.000 millones de inversión en Puertos del Estado. En su primera comparecencia en el Congreso, Pastor manifestó su disposición al diálogo con el resto de administraciones, con los agentes del sector y con todos los partidos políticos, a los que propuso la consecución de un gran Pacto de Estado por las Infraestructuras y la Vivienda para consensuar una agenda de actuaciones en estas materias.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiuse á Ministra de Fomento, Ana Pastor, na Comisión correspondente para demandarlle que nun prazo de dous meses acuda á Cámara a presentar un calendario concreto e detallado das actuacións pendentes do tren de alta velocidade en Galiza.

Jorquera amosou a preferencia do BNG por unha modernización da rede ferroviaria preexistente, máis unha vez que se apostou polo AVE, “consideramos indispensábel que Galiza estea tamén conectada por alta velocidade, senón se acentuaría a nosa condición de periferia económica, con CC.AA con servizos do século XXI e outras do século XX”. O deputado do BNG expresou a súa preocupación porque se “utilice a crise como coartada para xustificar novos incumprimentos con Galiza”. Avogou por incentivar o investimento público para impulsar a reactivación económica.
Fixo repaso para pór de manifesto todos os incumprimentos de prazos que se deron con Galiza: primeiro estaba previsto que a liña estivese concluida no 2009, despois no 2012, logo, co Pacto do Obradoiro no 2015. E o actual Goberno da Xunta vén de advertir que era imposíbel antes de 2018.

Nesa liña, reprochou á Xunta que se adicara a “preparar o terreo ao novo Goberno para xustificar máis retrasos”. Neste sentido, instou á Ministra de Fomento a pór datas e prazos temporais concretos ás actuacións do AVE galego pendentes. “Comprométase a acudir nun prazo de dous meses a esta Cámara cun calenario definido e concreto de prazos de finalización das obras”.

Jorquera compartiu que os prazos de 2015, comprometidos no Pacto do Obradoiro, son “a día de hoxe irrealizábeis. Máis o Pacto do Obradoiro se asinou en xullo de 2009, como se entende que dous anos despois se considere que é imposíbel rematar as obras antes do 2018?. Ou se faltou á verdade en 2009 ou se falta á verdade agora”.

O deputado do BNG formulou unha serie de preguntas á Ministra de Fomento para tratar de obter respostas concretas: “Cando vai estar en condicións de presentar un calendario detallado que contemple todas as actuacións pendentes de concluir que afectan a Galiza, acompañadas das previsións orzamentarias que o fagan críbel?”.

“Pode asegurar rotundamente que descarta voltar ao proxecto inicial de vía única no acceso a Galiza? Cando estará concluido o Eixo Atlántico entre Santiago e Vigo? Contempla o seu Goberno a prolongación do Eixo Atlántico a Ferrol e Tui? Vai acometer a modernización da liña entre A Coruña e Ferrol? Que previsións ten en relación á liña Lugo-Monforte-Ourense?, necesaria para acortar tempos entre estas dúas cidades e para que no futuro o AVE chegue tamén a Lugo”.

Continuou co relatorio de preguntas: “que previsións ten respeito á liña Monforte-Ponferrada, necesaria para a saída de mercadorías do norte de Galiza? E para resolver a conexión ferroviaria cos nosos portos, sobre todos os Exteriores de A Coruña e Ferrol?

Jorquera tamén aludiu aos servizos de cercanías na Galiza, e preguntou a Ana Pastor pola partida de 400.000 euros nos Orzamentos para facer un Plan para a implantación de servizos de ferrocarril de cercanías. “Executouse esta partida?”. Ademáis, lembrou que o anterior Ministro manifestara o seu dispór a transferir a Galiza os servizos ferroviarios interiores, mantén iso?”.

O portavoz do BNG non esqueceu o capítulo das infraestruturas viarias e realizou varias cuestións á Ministra en relación á conclusión da Autovía do Cantábrico A-8, a Autovía A-54 entre Santiago e Lugo e a Autovía de acceso á Coruña AC-14. E aludiu á cuestión das peaxes para lembrarlle á Ministra que “o seu partido anunciou na pasada campaña electoral, que se gañaba as eleccións revisaría o Convenio subscrito entre Fomento e AUDASA, segundo o cal a concesionaria asume a ampliación da Ponte de Rande e do tramo Santiago norte-Santiago sur, a cambio dunha autorización para subir a peaxe:

“Mantén este compromiso? Cais son os termos do acordo subscrito polo Ministerio e a concesionaria?

En relación ás peaxes, Jorquera preguntou a Ana Pastor se “está disposta a estudar o resgate da concesión da AP-9? Está disposta a transferir a Galiza a titularidade da AP-9 e da AP-53 (Santiago-Lalín), que discurren íntegramente polo territorio galego?”.
R.