Skip to main content

Sequía: la Xunta de Galicia apela a la "responsabilidad de todos" para no "malgastar ni una sola gota de agua", aunque evita el "alarmismo"

El jefe del Ejecutivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, ha hecho un llamamiento a la "responsabilidad de todos" en el uso del agua en Galicia porque la Comunidad está viviendo un episodio de sequía, tras el segundo año más seco del último medio siglo -el pasado 2011-, y "no se puede malgastar una sola gota". "En contra de la creencia popular, en Galicia no sobra una gota de agua", dijo Feijóo en la apertura del foro "Aqua'12", donde ha rechazado caer en el "alarmismo" y ha alegado que casi todos los embalses están en los niveles propios de esta época del año, si se tiene en cuenta el margen de seguridad que hay que dejar en la prevención de inundaciones.

Según ha explicado el presidente de la Xunta, esto garantiza que el abastecimiento a las grandes ciudades gallegas está "garantizado", aunque algunas zonas del rural -ha admitido- podrían estar en riesgo. En cualquier caso, ha defendido que cubrir "los 29.000 núcleos de población" es el "objetivo" de la Xunta y, ante la "inusual" situación de sequía, ha indicado que el Gobierno gallego "vigila" los datos y los niveles de los embalses, mientras se mantiene en "permanente contacto" con las entidades locales.

Convencido de que un recurso "tan fundamental" como el agua debe ser "regulado, administrado y protegido", el presidente ha señalado que en algún ayuntamiento de la Comunidad ya se iniciaron obras de emergencia para garantizar el abastecimiento a sus vecinos.

Tras el acto inaugural, el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, ha pronunciado una conferencia bajo el lema Nuevos retos en la gestión del agua, en la que también ha incidido en el episodio de sequía que vive Galicia y ha repasado los últimos datos que, sobre este asunto, ha hecho públicos MeteoGalicia.

El organismo meteorológico ha informado de que la actual situación de sequía empezó con la "extraordinaria escasez" de precipitaciones en primavera y el inicio del verano de 2011. Aunque se mejoró de forma transitoria por las lluvias de octubre y noviembre, los últimos meses de diciembre y enero han provocado un nuevo empeoramiento. Además, en lo que va de febrero, las precipitaciones tampoco han sido abundantes y las previsiones apuntan a un mes seco.

Según MeteoGalicia, 2011 fue el segundo año más seco del último medio siglo -la historia de la serie regional considerada-, con una anomalía "un 32 por ciento inferior al valor normal". Los cuatro años más secos de esta serie se alcanzaron en lo que va de siglo XXI, siendo 2007 el más seco del último medio siglo. En este escenario, los modelos de predicción estacional, tanto de la agencia estadounidense (NOAA), así como la MetOffice británica, indican "una mayor probabilidad" de que las precipitaciones en primavera sean normales o por debajo de lo normal, aunque desde MeteoGalicia avisan de que estas predicciones deben tomarse "con reserva".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, na apertura do Congreso AQUA’12, o apoio da Xunta aos concellos que aposten por compartir os servizos de saneamento e de abastecemento para buscar a maior calidade ecolóxica e económica na administración deste recurso. “Estamos fomentando o esforzo conxunto entre as propias entidades locais. Apoiando con todas as posibilidades económicas e organizativas ás administracións locais para concretar mecanismos de colaboración e de cooperación entre as propias administracións locais e entre estas e a Comunidade autónoma”, aseverou.

Así mesmo, o responsable autonómico avogou por un maior esforzo conxunto e colaboración entre as diferentes administracións –Administración autonómica, Administración local e a Administración estatal-. “A tal efecto, -recordou- propuxemos ás administracións locais un único modelo de depuración no que podemos asumir, se as administracións locais non están en condicións de facelo, a explotación directa das 132 estacións depuradoras para máis de 2.000 habitantes; 132 estacións depuradoras que se converterán en 150 a finais deste ano 2012”.

Ao longo da súa intervención, Feijóo salientou a necesidade de ser conscientes do verdadeiro valor deste recurso e de que Galicia, ao igual que o resto de España, “non pode desaproveitar unha soa gota de auga”. Neste senso, subliñou que o ano 2011 foi o segundo ano máis seco dos últimos 50 anos e que o actual inverno está resultando, igualmente, anómalo en canto ao escaso nivel de precipitacións.

Diante desta situación, o presidente do Executivo galego fixo un chamamento á responsabilidade de todos na utilización da auga e salientou que ningún sistema de abastecemento ás grandes cidades galegas está en risco. “Case todos os embalses galegos se sitúan nos niveis propios desta época do ano, se temos en conta a marxe de seguridade que debemos manter na prevención de inundacións. E, isto significa que o abastecemento ás cidades está garantido. Ante esta inusual situación estamos vixiantes da evolución dos datos e niveis dos embalses e en permanente contacto coas entidades locais; e, en algún concello xa iniciamos algunha obra de emerxencia para garantir o abastecemento a núcleos de poboación determinados”.

Protección ambiental e xestión hidráulica, prioridades do Goberno galego
Feijóo afirmou que todos os axentes sociais e económicos deben reflexionar para ver cómo habemos de primar as políticas de sostenibilidade e de eficiencia na xestión, administración e regulación da auga. “Debemos actuar con responsabilidade impulsado políticas e tecnoloxías que minimicen o consumo da auga ao tempo que maximizamos a calidade coa que, despois de ser usada, é devolta á natureza a través dos sistemas de saneamento”, dixo.

Neste senso, incidiu en que a protección ambiental e a xestión hidráulica son dúas das prioridades do Executivo galego: “Nos primeiros 100 días aprobamos o Plan de Infraestruturas Hidráulicas. Concretamos o que queremos facer, plantexamos unha folla de ruta para facelo e reservamos un crédito ambicioso para executalo. E aos tres anos da súa aprobación, as tres cuartas partes dese plan está ou executado ou en plena execución”.

Galicia foi amais a terceira de toda España en redactar un Plan Hidrolóxico que lle corresponde á Xunta, o da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, no que hai 650 actuacións, con 1.000 millóns de euros de inversión e adaptado á Directiva Marco da Auga da Unión Europea. “Aprobouse –engadiu- unha nova Lei de Augas para Galicia, que fai un especial fincapé na xestión da auga na Comunidade; e fusionamos os dous organismos con responsabilidades na xestión hidráulica nun so, o novo ente Augas de Galicia”.

Feijóo concluíu afirmando que o sector da auga é un sector “cun enorme futuro”, desde o punto de vista tecnolóxico, económico e de creación de emprego. E, na parte que compete ao Goberno galego, salientou o esforzo -a través das innovacións da nova Lei de Augas, os plans e programas de xestión hidráulica- para que Galicia sexa unha referencia nacional no que á xestión da auga se refire.

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, incidiu nos datos aportados polo presidente da Xunta, e sinalou que os caudais dos ríos galegos teñen unha variabilidade estacional moi importante e ademais son ríos moi rápidos, no sentido de que reaccionan con celeridade tanto ás choivas importantes como ás secas.

Por outra parte, neste ano -dado que nos últimos meses non se rexistraron choivas significativas-, este fluxo subterráneo non se renovou e provoca unha diminución progresiva do caudal de base dos ríos.

O conselleiro fixo fincapé en que a Xunta está en permanente vixilancia da situación actual a través da rede foronómica, seguindo o caudal e os niveis de 44 ríos en 47 estacións de aforamento. E grazas a este seguimento, se pode afirmar que pese á escaseza de precipitacións permanece garantido o subministro nos sistemas de abastecemento galegos.

Fotografía 2: Xunta de Galicia.
R.