Notas
-
O conselleiro de Cultura e Turismo aproveitou a inauguración do Congreso Internacional de la Lengua Española para convidar a todos os participantes a Cidade da Cultura, “o gran proxecto cultural de Galicia”.
-
O programa, deseñado por Turgalicia en colaboración con Agatur e Fegatur, comeza o 15 de setembro e pode disfrutarse en máis de cen casas de Turismo Rural de toda Galicia. O obxectivo é pór en valor a oferta gastronómica deste tipo de establecementos e contribuír á desestacionalización turística.
-
Coa modificación da Lei 10/1988, a Dirección Xeral de Comercio acadará en prazo a transposición da Directiva de Servizos Europea nos aspectos máis relevantes para o sector.
-
O presidente da Xunta presidiu, en Santiago, a entrega de premios da Cata de viños de Galicia 2009 durante a que sinalou que o esforzo do sector fai que os viños e augardentes de calidade resisten a crise.
-
A XVIII edición das Xornadas Luso-Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento celébrase entre o 20 e o 22 de outubro en Santiago de Compostela como colaboración entre a RAG e as universidades do Norte de Portugal na investigación.
-
O congreso reúne en Buenos Aires (Arxentina) a case 200 docentes, bibliotecarios e investigadores de Arxentina, Brasil, Venezuela, Ecuador, e Galicia. A escritora galega Ánxela Gracián fala de literatura xuvenil galega e da súa relación con América.
-
Máis de douscentos profesionais de matemáticas, tecnoloxía, bioloxía, física e química asisten o 10, 11 e 12 de setembro as actividades que conmemoran o Ano Internacional da Astronomía.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo amosou o seu compromiso para o éxito da 32ª edición do Congreso Internacional do IBBY, que se celebrará en Santiago de Compostela coincidindo coa celebración do Ano Xacobeo e da declaración de 2010 como Ano do Libro e da Lectura.
-
A Sede da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo acolleu a presentación oficial do patrocinio do equipo compostelán de fútbol sala cun total de 200.000 euros.
-
Importadores franceses de mexillón visitan o Intecmar para coñecer os seus controis medioambientais e sanitarios. Queren estudar o grao de calidade e seguridade alimentaria que ofrece o programa de control galego.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 484
- 485
- 486
- 487
- 488
- 489
- 490
- 491
- 492
- …
- seguinte ›
- última »