Notas
-
A Sede da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo acolleu a presentación oficial do patrocinio do equipo compostelán de fútbol sala cun total de 200.000 euros.
-
Importadores franceses de mexillón visitan o Intecmar para coñecer os seus controis medioambientais e sanitarios. Queren estudar o grao de calidade e seguridade alimentaria que ofrece o programa de control galego.
-
Cultura e Turismo inicia a primeira parte do Plan Corrector dos Camiños que afecta aos Camiños Francés, Portugués e Fisterra-Muxía con tarefas de roza e limpeza, sinalización, obras de mantemento e servizos nos albergues.
-
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, anunciou, tras reunirse cos representantes da Asociación Galega de Editores, a creación dun grupo de traballo que deseñará as liñas estratéxicas para impulsar o sector galego do libro.
-
Ryszard Schnepf, embaixador de Polonia, transmitiulle ao mandatario autonómico galego a intención da rexión polaca de Opole de relanzar a cooperación con Galicia con motivo do décimo aniversario do Acordo de colaboración entre ambos.
-
O director xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia avanzou na súa visita á localidade de Cabana de Bergantiños as principais actuacións previstas neste concello dentro do Proxecto Sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.
-
Os productos inseguros máis detectados neste laboratorio pioneiro da Coruña son os relacionados coa vestimenta dos adultos e os xoguetes. As irritacións cutáneas son os principais riscos detectados, seguido do choque eléctrico, queimaduras e o perigo de asfixia, entre outros.
-
A Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Amigos da Ópera da Coruña forman unha Comisión Mixta para o correcto funcionamento do convenio asinado por importe de 320.000 euros.
-
O Conselleiro de Industria, Javier Guerra fixo un balance do funcionamento do plan re-Móvete e considerou esta iniciativa como un “magnífico éxito” do departamento que dirixe. Guerra compareceu ante os medios xunto co director do Igape, Joaquín Varela, o presidente da Federación Gallega de Talleres, Luis Abelleira, e o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia, Emilio López Nieto, que teñen considerado esta iniciativa como moi positiva para a dinamización das súas actividades económicas e comerciais.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, analizaron cos alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño Inglés as liñas de traballo da Consellería para a súa posta en valor no referido á recuperación e conservación da ruta, á súa sinalización e á rehabilitación e ampliación da rede de albergues.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 485
- 486
- 487
- 488
- 489
- 490
- 491
- 492
- 493
- …
- seguinte ›
- última »