Skip to main content

Notas

  • O Conselleiro de Industria, Javier Guerra fixo un balance do funcionamento do plan re-Móvete e considerou esta iniciativa como un “magnífico éxito” do departamento que dirixe. Guerra compareceu ante os medios xunto co director do Igape, Joaquín Varela, o presidente da Federación Gallega de Talleres, Luis Abelleira, e o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia, Emilio López Nieto, que teñen considerado esta iniciativa como moi positiva para a dinamización das súas actividades económicas e comerciais.
  • O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, analizaron cos alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño Inglés as liñas de traballo da Consellería para a súa posta en valor no referido á recuperación e conservación da ruta, á súa sinalización e á rehabilitación e ampliación da rede de albergues.
  • A Unidade de Conductas Adictivas dependente da Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, atende na actualidade a 753 persoas nas súas instalacións, sitas no Complexo Hospitalario de Ourense.
  • Desde a A.VV. FERROL VELLO queremos denunciar públicamente o pouco respecto e a crecente irresponsabilidade que a Concellería de Festas, xunto coa Concellería de Patrimonio (ao dictaminar un informe favorable), están demostrando á hora de ceder durante 10 días, un espazo PÚBLICO recientemente urbanizado á vez que humanizado como a “A ALAMEDA DO CARBÓN “a un empresario de hostelería.
  • O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, ven de aprobar a orde pola que inxecta 2.000.000 de euros máis ao orzamento destinado ao Plan re-Móvete para dinamizar a venda de vehículos en Galicia.
  • Mentres a planta ambiental funciona correctamente, as carencias ambientais céntranse no vertedoiro, que presenta importantes deficiencias no tratamento de lixiviados, selado, estabilidade e almacenamento de lixo, entre outros problemas.
  • O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as bases da concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, para apoiar accións encamiñadas ao fomento do turismo no medio rural.
  • Os populares reuniranse para festexar os éxitos electorais colleitados en autonómicas e europeas, pero tamén para reactivar o partido de cara ao novo ciclo político 2009-2010.
  • As axudas oscilan entre os 2.400 e os 3.600 euros e poden solicitarse ata o 31 de agosto na Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Poden optar homes traballadores por conta allea e familias monoparentais con reducción de xornada.
  • A obra, escrita por Mariana Vicat, recolle a biografía deste emigrante galego e os beneficios da súa venda doaranse a UNICEF. O evento celebrouse no Centro Lalín, Agolada e Silleda da capital arxentina (Buenos Aires).