Notas
-
Sanidade súmase ao Día Mundial desta doenza, que ten como lema “Enfermeiras e provedores de saúde no ámbito da TB: heroes cotiás na loita contra a tuberculose”. A Comunidade Autónoma pasou de 72 casos por 100.000 habitantes en 1996 (2.030 casos) a 37 por 100.000 no 2004 (1.018 casos). A diminución por termo medio anual é en Galicia do 8,3%. Galicia, cunha porcentaxe de curación do 90% dos casos, supera xa os obxectivos que a OMS marcou para o 2005.
-
O gasto sanitario é superior a media das comunidades españolas e pasou dos 300 aos 1.100 actuais nos últimos años. Galicia sitúase por enriba da media nacional en recursos de alta tecnoloxía e mesmo publicouse o concurso para adquisición de novo aparataxe por 5.234.035 euros para os hospitais galegos. Á creación nos últimos anos de 14 hospitais e 166 centros de saúde sumarase un novo plano de investimentos para o 2005-2008 por máis de 630 millóns de euros.
-
López Veiga firmou os plans de portos cos patróns maiores das tres confrarías e calificou as inversións de garantes do futuro dos traballadores da baixura.
-
As investigacións realizadas polos axentes permitiron comprobar que os incendios que se lles imputan contan con varios focos de inicio.
-
O CESGA participa na construcción e operativa da maior rede de computadores operativa no mundo para procesado e almacenamento de datos científicos. Esta infrastructura úsase para crear modelos e simulacións por ordenador de diversos fenómenos científicas. Esta rede ou Grid xa se está empregando para estudar as propiedades fundamentais das partículas subatómicas.
-
- Conmemórase o Día Meteorolóxico Mundial, baixo o lema O tempo, o clima, a auga e o desenvolvemento sostible. - A rede actual está composta por 23 estacións, cuxos datos se actualizan na web cada hora. - MeteoGalicia ofrece dende febreiro un sistema pioneiro en España de información marítima e oceanográfica.
-
José Manuel González mantivo no hospital Provincial unha xuntanza con profesionais sanitarios do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Nas vindeiras semanas se prevé asinar un convenio co Concello de Pontevedra e, inmediatamente, sacar a concurso a licitación da ampliación. En breve iniciarase a adaptación da ampliación provisional do servizo de urxencias. A Fase IV do CHOP incluirá a construcción do definitivo servizo de urxencias.
-
A conselleira de Emprego entregou en Santiago os diplomas aos alumnos dos cursos FIP impartidos por ACEFO. Asuntos Sociais financiou con preto de 800.000€ os 19 cursos desenvolvidos por ACEFO en 2004.
-
A Consellería basea a súa decisión na severa afección que produciría a obra hidráulica proposta sobre a fervenza de Entrecruces.
-
O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes asinou acordos de colaboración con 17 concellos das Comarcas de Terra de Trives, Terra de Caldelas e Valdeorras, cunha asignación total de 902.127 euros, dentro do “Programa de Cooperación para Infraestruturas Rurais”, dotado con 20 millóns de euros.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 792
- 793
- 794
- 795
- 796
- 797
- 798
- 799
- 800
- …
- seguinte ›
- última »