Skip to main content

Notas

  • A vixésimo terceira Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar este luns 24 de abril en Santiago de Compostela para achegar á comunidade universitaria e á cidadanía as novas creacións da escena teatral das universidades galegas. A Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, o Teatro Principal e o Auditorio Abanca erguen o pano para acoller a representación de sete pezas ata o 4 de maio.
  • No marco da programación da ICC Week 2023, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense acolleu a mesa redonda 'Aplicacións da intelixencia artificial á nosa sociedade'. A IX Semana das Industrias Culturais e Creativas ten lugar ata o domingo nunha ducia de localizacións da cidade e da provincia.
  • A Nerd Nite correspondente ao mes de abril desenvolverase o vindeiro día 26, a partir das 20.30 horas, na Nave de Vidán. As persoas relatoras serán Andrea Rodríguez Antón, investigadora do INCIPIT-CSIC; xunto cos profesores da USC Alberto Quián e Belén Trigo García. Astronomía, hackers e dereito serán os eixos temáticos sobre os que se asentará a sesión de acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
  • Marcos Méndez, xornalista freelance lucense centrado actualmente na cobertura da guerra de Ucraína, é o gañador da XIX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol. A candidatura de Marcos Méndez resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado.
  • O grupo de investigación Farmatox da USC, coordinado polo catedrático da área de Farmacoloxía na Facultade de Veterinaria de Lugo, Luis Miguel Botana, pescuda no mecanismo que provoca a toxicidade das biotoxinas ao abeiro do proxecto BIOTOXDoc, un programa internacional incluído na estratexia Horizonte Europea, no que participan máis dunha ducia de entidades europeas.
  • A programación desta semana comezará o xoves, día 20, co concerto da Banda Municipal baixo o título Dèserts, ás 20:00 no Teatro Colón. O venres ás 20:00 en Palexco será o concerto Só un Solo, composto e interpretado por Mario G. Cortizo. O sábado, a instalación sonora Organismo / Organscape, dende a 13:00 na Casa-Museo Casares Quiroga, e a proxección do filme Mist, ás 20:00 na Domus.
  • O Encontro Universitario de Danza que chega á súa vixésimo primeira edición desenvolve este mércores 19, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o seu acto central. Apartir das 20.30 horas, a sesión botará andar coa obra 'Á espera de....', a cargo da aula de danza da Universidade da Coruña. A continuación, será a quenda da Compañía de Danza da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, coa obra titulada 'Corpos Celestes'.
  • O que fora profesor da USC, Manuel Colmeiro y Penido, acaba de ser elixido ‘Científico Galego do Ano’ pola Real Academia Galega de Ciencias, converténdose no primeiro científico social que recibe esta distinción por parte da Academia. A institución destaca que “non só foi un académico sobresaínte, polifacético, fecundo e recoñecido, cunha obra que influenciou a múltiples economistas, xuristas e historiadores.
  • As restricións impostas para o control da pandemia da COVID-19 asociáronse a unha redución importante na transmisión do coronavirus en España, estimando que ao incrementar un 34% a intensidade das medidas reduciuse a transmisión nun 22% á semana. Así se conclúe no estudo publicado pola revista Frontiers in Public Health sobre a 'Eficacia de intervencións non farmacéuticas en nove campos de actividade para diminuír a transmisión do SARS-CoV-2'.
  • A Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña organiza, un ano máis, o Festival Internacional de Teatro Universitario, FITEUC, os días 18, 25 e 26 de abril no Fórum Metropolitano. O programa incíase o día 18 de abril con Alento, da Espazo de Danza da USC, Corpos Celetes, da Aula de Danza da UVigo - Campus de Ourense, e Á espera de..., da Aula de Danza NORMAL UDC.