Skip to main content

Notas

  • A conta atrás do festival de música independente de Vilalba comezou, xa que queda menos dun mes para que a localidade tíngase de fucsia do 28 ao 30 de abril. Unha oferta musical que naceu anos atrás, ao amparo das Festas Patronais de Vilalba, e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional, abrindo a tempada.
  • O que fora profesor da USC e presidente da Xunta de Galicia, Emilio Perez Touriño, acaba de presentar en Bruxelas, no hub de prensa do Parlamento Europeo, o seu libro El horizonte europeo, editado na colección Ensaio do selo USC Editora, pertencente ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da institución compostelá.
  • 'As producións artísticas, a lectura e o xogo están unidos por numerosos elos comúns. Todos eles, desde a creatividade e a imaxinación, configuran un espazo propicio para a descuberta, a liberdade, o pensamento diverxente e a adquisición dun elenco de experiencias, que transforman a nosa percepción e favorecen os procesos de socialización'.
  • Como cada verán dende hai seis anos, o Cinbio, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, celebrará entre os días 20 e 21 de xullo o seu Annual Meeting. Esta cita, organizada polas investigadoras e investigadores de posdoutoramento do centro, ten como obxectivo reunir científicas e científicos interesados nas áreas de química, bioloxía, medicina, física, matemáticas e informática, apostando así por unha xuntanza de carácter interdisciplinario.
  • A conferencia da secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela, sobre a cooperación española no marco da Axenda 2030 abriu esta mañá no Paraninfo da Reitoría a Semana Internacional da Universidade da Coruña, na que participan preto de cen profesores e persoal de administración e servizos de universidades de máis de vinte países.
  • A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, celebra este ano as súas vodas de prata, 25 anos de representacións que, ano tras ano, achegan ao público galego os traballos das aulas teatrais de universidades dos cinco continentes. A nova edición arranca o vindeiro mércores día 29 ás 18.30 horas no Teatro Roberto Vidal Bolaño da Cidade Universitaria e estará dedicada en exclusiva ao teatro universitario galego.
  • Empregar as propostas artísticas como elemento de reflexión que promova o espírito crítico do alumnado impregna a filosofía da I Primavera Cultural da USC, 'un programa compacto que concentra a maioría de propostas culturais impulsadas dende a Universidade, integrando baixo un mesmo paraugas as iniciativas que levamos anos desenvolvendo xunto con outras novas a cargo de artistas emerxentes'.
  • O cambio climático é un problema global que require dun conxunto de accións por parte de múltiples axentes e organismos. Non obstante, o feito de que a loita contra os seus efectos estea ligada a grandes acordos internacionais fai tamén que actores como as administracións locais vexan diluído o papel que poden xogar.
  • Os estudos científicos que cuestionan a viabilidade do cambio estacional de hora ao atribuírlle efectos nocivos na saúde humana poderían estar a xerar unha alarma innecesaria. Os investigadores da USC Jorge Mira Pérez, e da Universidade de Sevilla, José María Martín Olalla, analizaron os 13 artigos máis citados neste campo, utilizados en informes de avaliación da Comisión Europea para cuestionar a viabilidade da práctica do cambio de hora.
  • As VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad, JNIC, principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal, celebraranse este ano en Vigo. Serán do 21 ao 23 de xuño organizadas polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e o centro tecnolóxico Gradiant, co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade, Incibe.