Notas
-
Investigadores do grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo veñen de avaliar nun estudo o impacto das medidas para favorecer a conciliación laborar e familiar das familias numerosas durante 2022, tomando como exemplo políticas de varias comunidades autónomas e países como Francia ou Alemaña.
-
O proxecto Transferencia de Coñecemento Educativo (EKT, polas súas siglas en inglés) é unha “alianza de coñecemento para a educación superior” que coordina o grupo de Tecnoloxía Educativa da USC coa participación dun total de once socios académicos e tecnolóxicos de seis países da Unión Europea.
-
O xurado do IX Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, que convocan o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC e o Consello Económico e Social de Galicia, deu a coñecer o seu ditame para distinguir aqueles traballos de investigación que contribúen ao mellor coñecemento da realidade económica e social de Galicia.
-
'Un encontro para conectar e coñecerse', así definiu David Posada, catedrático e investigador do Cinbio, a Reunión de Jóvenes Investigador@s en el Extranjero, celebrada en Vigo, tras as doce edicións en A Coruña. A investigadora María Mayán do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña foi a encargada de dar a benvida ao IYI Meeting aos preto de 80 investigadores participantes.
-
A Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia presentaron o 'Estudo sobre a delimitación competencial no ámbito da Administración Local de Galicia', froito dun acordo entre ambas as entidades co obxectivo de clarificar as competencias das administracións territoriais cara a unha prestación eficiente dos servizos públicos.
-
Todos os traballos presentados competirán por entrar nas seccións: Oficial, España, Galicia, Descubertas e Escolas Internacionais, conformando grande parte da programación de proxeccións do e o palmarés do FICBUEU 2023. En paralelo haberá tamén outros cinco apartados non competitivos: Retrospectiva, Curtas en familia, Cativa, Infantil, Xuvenil. Ademais, as e os asistentes votarán in situ para o aclamado Premio do Público.
-
O IV Certame de Videocreación distingue a Mario Bello, Mario Pereira e a compañía de teatro USC LugoA cerimonia de entrega de galardóns da cuarta edición do Certame de Videocreación, unha iniciativa promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, converteu o Museo Interactivo da Historia de Lugo nun espazo de arte viva, no que a formación viguesa Trilitrate deleitou ao auditorio cun singular espectáculo de música e creacións visuais ao vivo.
-
A misión espacial BIXO é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot da Axencia Espacial Europea, o que supón que este equipo, composto por preto de 40 estudantes de diferentes titulacións da UVigo, vai contar co apoio de especialistas do máximo nivel durante o desenvolvemento da misión, así como con toda a experiencia e as facilidades das que dispón a axencia.
-
Nove universidades europeas, entre elas a Universidade da Coruña, uníronse na alianza estratéxica EMERGE (European Margins Engaging for Regional and Global Empowerment), que sitúa á UDC nun nivel superior de calidade europea. O reitor, Julio Abalde, subscribiu o acordo de creación desta alianza nunha reunión organizada en días pasados na University of Limerick.
-
O pasado curso académico a Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Ourense, puxo en marcha a exposición itinerante As mulleres que nos levaron á lúa, co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, poñendo de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da chegada da primeira persoa á lúa. Froito desa exposición, presentouse o libro 'Elas, leváronnos ao espazo'.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »