Skip to main content

Notas

  • A temporada 2022/2023 está sendo para o UVigo Motorsport unha etapa de moitos cambios. Tras varios anos cun equipo formado por entre 40 e 50 persoas, este curso conseguiron renovar e ampliar considerablemente o seu cadro de persoal ata acadar 71 alumnos e alumnas. Con este novo impulso, agardan poder adiantar todas as fases de deseño e fabricación e ter listo o monopraza UM23 o antes posible, para así poder rodalo e testalo con suficiente antelación respecto das competicións de Formula Student do verán.
  • A aceleradora de proxectos innovadores invertibles ViaGalica, promovida pola Xunta de Galicia xunto coa Zona Franca de Vigo, busca talento emprendedor no Campus Terra da USC, onde o vindeiro martes 24 de xaneiro presentará, a partir das 11.00 horas, no edificio Cactus, a sétima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedoras.
  • O CDG regresa con esta nova produción ao universo shakespeariano para ofrecerlle ao público unha revisión destes catro títulos, cada un deles condensado en pouco máis de media hora. Esta particular proposta permite unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes, co foco posto nalgúns secundarios presentes nos orixinais.
  • Todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar ós seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, unha iniciativa coa que a institución académica viguesa busca recoñecer o bo traballo das persoas que se dedican á localización de videoxogos, é dicir, a conseguir trasladar un videoxogo da súa lingua orixinal a unha lingua meta.
  • O grupo de traballo Galicia 2040 do Foro Económico de Galicia, foro coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este mércores en Santiago de Compostela o seu informe Cara novos sistemas de planificación urbana e territorial. Nel, apostan por un cambio de paradigma na creación de vivenda pública e fomento do alugamento e pola creación dun consorcio que aglutine as competencias do transporte público.
  • Comeza unha nova edición do programa Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña Verónica Bolón. O programa ten a finalidade de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes, especialmente entre as nenas.
  • A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC fai un percorrido pola historia da educación en feminino a través dunha mostra composta por 39 pósteres e paneis, nos que o alumnado da materia Historia e Teoría da Educación Escolar recuperan a memoria de episodios singulares no ámbito do ensino e salientan as importantes achegas realizadas por ducias de educadoras e/ou colectivos femininos ao longo dos séculos.
  • Unha pescuda no arquivo familiar para reescribir a xenealoxía feminina ou un dicionario feminista de termos cinematográficos para o profesorado de bacharelato son dous dos traballos gañadores da novena edición dos Premios Egeria. Trátase duns galardóns que convoca a Unidade de Igualdade co obxectivo de fomentar a introdución da perspectiva de xénero.
  • O 18 de xaneiro de 2021, unha gran bola de lume cruzou os ceos galegos. Tratábase dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 75 quilómetros de altura cunha velocidade de 15 Km/s e que produciu un meteorito de 527 gramos. Agora, este fragmento de corpo celeste pode visitarse na Sala dos Meteoritos do Museo de Historia Natural (MHN).
  • Catro autoridades policiais, dúas axencias fronteirizas, unha academia de policía, empresas e institutos de investigación expertos no ámbito do Patrimonio Cultural e a tecnoloxía sobre sistemas integrados de telecomunicacións e protocolos de seguridade informática.