Skip to main content

Notas

  • 'Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século' é a mostra organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do falecemento da coruñesa e que pode visitarse ata o 5 de abril no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC. Juana de Vega desenvolveu unha intensa actividade benéfica e social, unha muller progresista e liberal, avanzada para a súa época, que deixou unha gran pegada non só na cidade da Coruña senón tamén en toda Galicia e resto do Estado.
  • Estreada en 1963, A inmortal (L´Imortelle) foi a primeira longametraxe dirixida polo escritor e cineasta francés Alain Robbe-Grillet, principal expoñente do movemento literario Noveau Roman, que avogaba pola ruptura coas concepcións da novela decimonónica. É o punto de partida de 'La musa inquietante', novo libro de Alberto Ruiz de Samaniego.
  • A investigadora do CITIC Verónica Bolón lidera desde a UDC o estudo sobre os denominados algoritmos verdes, no marco do recente plan nacional aprobado polo Goberno a finais do pasado ano e que desenvolverá, ata o 2025, solucións TIC aos desafíos ecolóxicos baseadas en intelixencia artificial (IA). O proxecto de investigación dá resposta ademais a un dos obxectivos da futura AESIA sobre o uso responsable co medio ambiente da IA.
  • Un ducia de fotografías captadas por Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morales, que descobren na natureza elementos xeométricos, simetrías e outros conceptos matemáticos integran a mostra ‘Xeometría Natural’, inaugurada este mércores 8 no claustro alto do Colexio de Fonseca, e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 5 de abril.
  • Máis de 40 centros educativos realizarán os seus programas desde diversas emisoras de radio, preto de 2000 estudantes de institutos e centros universitarios de toda a Eurorrexión-Galicia norte de Portugal celebrando xuntos o Día Mundial da Radio. O luns 13 de febreiro, desde diferentes radios e centros de ensino de toda Galicia e norte de Portugal, realizaranse máis de 15 horas de radio en directo.
  • O Salón Nobre do Colexio de Fonseca converterase a partir do 9 de febreiro en escenario teatral ao acoller a estrea de Shakespeare en Roma, a última produción do Centro Dramático Galego. O reitor da USC, Antonio López, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaron este martes os detalles desta representación cuxos ensaios tamén se desenvolveron no Colexio de Fonseca ao longo dos últimos meses.
  • Este venres, a Praza do Bispo Cesáreo, situada no centro da cidade de Ourense, acollerá unha nova edición da feira divulgativa eXXperimenta en Feminino, organizada pola Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Ourense co apoio do Concello de Ourense. En 13 postos abertos ao público, as persoas interesadas poderán achegarse a “descubrir a maxia da ciencia da man das investigadoras do campus de Ourense”.
  • Vinte e nove anos despois do nacemento do Lugo Cultural, unha iniciativa que dá conta da colaboración e coordinación institucional a prol da promoción de actividades artísticas na capital luguesa e da posta en valor dos espazos universitarios como escenarios culturais, o abano de actividades incluídas na programación de 2023 busca incentivar unha maior implicación da comunidade universitaria na cohesión social.
  • Similares ás redes privadas informáticas, as redes privadas 5G permiten crear unha rede de telecomunicacións para un uso específico dentro dun espazo concreto, tanto interior –unha fábrica, un almacén, etc- como exterior -o campus, o porto, etc.-, pero sen cables de por medio, xa que as comunicacións se realizan a través de antenas e dispositivos 5G que se comunican entre si de xeito 'inmediato, estable e constante'.
  • Trinta participantes cun total de 26 proxectos están traballando xa na XVI edición do programa Explorer, un programa internacional de emprendemento para alumnado universitario que organiza Banco Santander co Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), coa colaboración da Universidade da Coruña.