Skip to main content

Notas

  • Similares ás redes privadas informáticas, as redes privadas 5G permiten crear unha rede de telecomunicacións para un uso específico dentro dun espazo concreto, tanto interior –unha fábrica, un almacén, etc- como exterior -o campus, o porto, etc.-, pero sen cables de por medio, xa que as comunicacións se realizan a través de antenas e dispositivos 5G que se comunican entre si de xeito 'inmediato, estable e constante'.
  • Trinta participantes cun total de 26 proxectos están traballando xa na XVI edición do programa Explorer, un programa internacional de emprendemento para alumnado universitario que organiza Banco Santander co Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), coa colaboración da Universidade da Coruña.
  • O Campus Remoto da Universidade de Vigo acolleu a celebración da sexta edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa. Nesta ocasión foron 40 os traballos presentados e postos en valor neste foro por parte de membros da comunidade universitaria, principalmente alumnado e profesorado da UVigo pero tamén de institucións académicas foráneas.
  • O pasado curso académico, por iniciativa de alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense, púxose en marcha o cineclub universitario La Barraca. Desde entón, ten desenvolvido diferentes ciclos de cine dedicados a diversas temáticas. Este venres arranca un deles, centrado en cine político-social. A obra elixida para arrancar esta actividade, que se prolongará ata finais de marzo, é Persépolis.
  • O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, presentaron a Rede de centros e unidades de I+D+i da UDC, recentemente constituída co obxectivo de reforzar as estruturas dos centros de investigación existentes de forma que se potencie a investigación e a competitividade dos mesmos.
  • A Rede Transfronteiriza de Biomasa celebrou este mércores en Vigo o seu primeiro encontro. Esta rede xurdiu como un dos resultados do proxecto Biomasa-AP, que agora ten continuidade a través do proxecto Biomasa-CAP. A finalidades é capitalizar as capacidades de I+D no uso enerxético da biomasa non valorizada de alto potencial en Galicia e o norte de Portugal.
  • A USC é dende esta semana unha das once institucións universitarias que integran a alianza EUniWell, a Universidade Europea do Benestar, que co apoio da Comisión Europea persegue comprender, mellorar, medir e reequilibrar o benestar das persoas, as comunidades e a sociedade no seu conxunto en base a valores democráticos, inclusivos e de diversidade.
  • A candidatura presentada por Casa Grande de Xanceda resultou a gañadora do XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este martes, no lugués Pazo de Montenegro, o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón, convocado polo Grupo Aresa e a USC, que, nesta edición, recibiu 17 candidaturas.
  • 'Creahlands MOOC, Xestión creativa do patrimonio e a paisaxe rural' é o título do curso en liña que inaugura a nova plataforma de educación en aberto da Universidade da Coruña. Os MOOC (Cursos online masivos e abertos, polas súas siglas en inglés) son cursos por Internet, aos que se pode matricular calquera persoa sen límite de participantes.
  • Youtubeiras, proxecto promovido por USC, UDC e UVigo, así como polos servizos de normalización lingüística de doce concellos e da Deputación da Coruña, co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, coa vontade de promover e outorgar visibilidade aos diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, deu a coñecer esta fin de semana os nomes das persoas gañadoras da edición de 2022.