Notas
-
Un equipo composto por persoal investigador da USC, CSIC, UDC e das universidades de Newcastle e St Andrews acaba de desenvolver un estudo transdisciplinar que demostra que o comezo da formación da paisaxeque rodea o mosteiro de Samos iniciouse durante a Idade de Ferro.
-
Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo, coordinado por María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco.
-
Un equipo composto por 15 institucións de sete países europeos, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, unirá forzas no proxecto de investigación NETTAG+. Durante os próximos tres anos, a iniciativa desenvolverá novas solucións para reducir os residuos xerados polas artes de pesca e o seu impacto na vida e os hábitats mariños. O proxecto está coordinado polo Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, con sede en Matosinhos (Portugal).
-
A competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial foi un máis dos millóns de eventos que a pandemia impediu celebrar durante os tres últimos anos. Recuperada a normalidade, a competición, que acada este ano a súa sexta edición, volverá encher o 21 de abril a EEI de robots deseñados polo alumnado de ESO, Bacharelato, universidades e FP.
-
A creación de cápsulas capaces de liberar células CAR-T en tumores sólidos, para destruílos de forma efectiva, permitirá crear alternativas máis eficientes na loita contra o cancro grazas ao proxecto CARTsol. A terapia con células CAR-T constitúe unha nova forma de abordar o tratamento contra o cancro.
-
O proxecto Aldearmos, un 'programa de democratización cultural do e no rural' da Rede Aldear, formada por unha vintena de concellos do rural das provincias de Ourense e Lugo, arrancou no Xurés a súa programación de 2023. A iniciativa, que conta co apoio da UVigo e de entidades como Agadic, púxose en marcha o pasado 23 de outubro en Vilar de Santos e desde entón vén percorrendo diferentes puntos do rural galego co obxectivo de contribuír á súa dinamización.
-
Unha recreación virtual de Galicia sobre unha base cartográfica, datos reais procedentes de sensores e outras fontes permitirá ás administracións e empresas realizar simulacións e probas e mellorar a prestación de servizos co uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial.
-
As universidades de Santiago de Compostela e de Vigo amplían a súa colaboración coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia. A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, asinou unha addenda ao convenio subscrito con ambas institucións académicas en marzo de 2020.
-
Investigadores do grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo veñen de avaliar nun estudo o impacto das medidas para favorecer a conciliación laborar e familiar das familias numerosas durante 2022, tomando como exemplo políticas de varias comunidades autónomas e países como Francia ou Alemaña.
-
O proxecto Transferencia de Coñecemento Educativo (EKT, polas súas siglas en inglés) é unha “alianza de coñecemento para a educación superior” que coordina o grupo de Tecnoloxía Educativa da USC coa participación dun total de once socios académicos e tecnolóxicos de seis países da Unión Europea.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »