Skip to main content

Notas

  • A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Municipal.
  • A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC coordina unha rede europea de innovación de modelos de negocio agroforestal ao abeiro do proxecto AF4EU, un programa Horizonte Europa coordinado pola catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, Rosa Mosquera e dotado con 2.996.460 euros de financiamento, que centrará a súa actividade ata decembro de 2025 no estudo das cadeas de subministración e na análise da trazabilidade ambiental das producións agroforestais europeas.
  • Cumprida unha certa idade, e dados os estereotipos negativos asociados a ela, a ou o traballador 'maduro', explica a xurista Ana María Martín, 'enfróntase á modulación ou degradación de certas condicións laborais' que incluso poden conducir á perda do emprego. Xa no paro, engade, 'a idade eríxese no obstáculo, en non poucas ocasións insalvable, para a súa reinserción, o que deriva en desemprego de longa duración a unha idade tardía, xerando vulnerabilidade económica e, en ocasións, pobreza'.
  • Despois dun outono cheo de exitosos espectáculos como os musicais de 'El Médico, el Musical', 'Peter, el Musical' ou 'La Bella y la Bestia', ou a exposición inmersiva 'Vanguardias', aberta ata 26 de febreiro, o Mar de Vigo prepara novas propostas de primeiro nivel para o primeiro semestre do ano. Dentro destes novos espectáculos están a liña de musicais, pero tamén haberá cabida para o humor, maxia, bandas tributo e, sobre todo, xiras de grandes artistas internacionais.
  • O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte na Cidade das TIC da Coruña no acto de presentación dos primeiros avances do que será o maior estudio audiovisual virtual de España xunto con María González Veracruz, secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Julio Abalde, reitor da UDC, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual de Galicia.
  • Humanos e máquinas achegarán o mellor de si para coutar algunhas das ameazas coas que se atopan as democracias actuais: noticias falsas, discursos de odio ou desinformación. Esta é a meta de HYBRIDS (Intelixencia híbrida para monitorizar, promover e analizar transformacións nas boas prácticas democráticas), un novo proxecto de investigación liderado dende a USC para contrarrestar a ameaza da desinformación, baseadas no procesamento da linguaxe natural (PLN) e a Intelixencia Artificial (IA).
  • Do 24 de febreiro ao 5 de maio, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá a celebración da acción formativa 'Jean Monnet O Pacto Verde Europeo. Análise e perspectivas'. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea no marco deste documento, que guiará a acción ambiental no ámbito europeo nos próximos anos.
  • O proxecto Innovatia 8.3, impulsado por USC e Instituto das Mulleres, avanzou este martes 24 resultados preliminares do estudo ‘Indicadores de xénero no emprendemento de I+D+i’ no que se recollen datos dunha ducia de institucións universitarias do conxunto de España. Segundo este primeiro avance o 6% das persoas que participan nunha spin-off son mulleres.
  • Cada curso académico, o campus de Ourense participa, ao igual que o campus de Pontevedra, na iniciativa Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 cidades de toda España. Neste segundo cuadrimestre serán seis, unha cada mes, as obras internacionais de temáticas moi diversas que se poderán ver de xeito virtual no marco desta iniciativa.
  • A contaminación lumínica é un problema medioambiental ao que se debe facer fronte a través de medidas nas que a luz sexa abordada como un auténtico contaminante para o ceo nocturno, tal e como sucedeu, por exemplo, coa Clean Air Act, unha iniciativa lexislativa destinada a acometer a polución do aire nos Estados Unidos. Esta