Notas
-
Destacouse o papel comprometido do xornalismo galego a prol da autonomía e do impulso do autogoberno. Touriño valorou o xornalismo que se fai en Galicia porque cada día toma o pulso ao país, rexistra a tensión creativa e proporciona un exemplo de profesionalidade.
-
Rosa Abelleira ocupaba ata o de agora ese mesmo posto no Concello de Lugo.
-
Os representantes das dúas administracións comprometéronse perante estas asociacións a manter en 2008 os mesmos días de actividade que en 2007.
-
Os galardóns recoñecen a creación, a innovación e mais a traxectoria profesional dos artesáns galegos co obxectivo de resaltar o traballo dos artesáns galegos e mais de sensibilizar a sociedade sobre a importancia deste sector.
-
O ministro de Cultura desprázase a Ferrol o 17 de xaneiro para recoller o galardón que destaca a súa traxectoria literaria e coñecemento das obras de Cunqueiro e de Torrente Ballester.
-
Gómez Besteiro participou na inauguración oficial da empresa Trasdega Noroeste S.L.
-
O conselleiro de Traballo transmite á empresa “todo o esforzo que sexa necesario” para pór en marcha unha iniciativa que plantexe unha recolocación en clave de estabilidade, calidade do emprego e igualdade.
-
As axudas da Consellaría irán destinadas á implantación nas empresas de aplicacións e servizos máis eficientes de Tecnoloxías de Información e Comunicación.
-
O Consello da Xunta aprobou convenios para os mariscadores a pé e a flote, presentados polo departamento que dirixe Carmen Gallego, con vixencia ata o 30 de xuño de 2008.
-
A inscrición é totalmente gratuíta, voluntaria e ten carácter constitutivo. Considéranse parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, que convivan coa vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e con vontade de equiparar os seus afectos aos do matrimonio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 529
- 530
- 531
- 532
- 533
- 534
- 535
- 536
- 537
- …
- seguinte ›
- última »