Skip to main content

Novas

  • Presentouse a cuarta edición do Nachiños Fest, que terá lugar os días 8 e 9 de setembro no campo das Cabazas, en Covas, e que conta este ano con figuras internacionais como a banda londiniense Crystal Fighter que ofrecerá na cidade o seu único concerto en Galicia. Xunto a eles haberá outras caras coñecidas do panorama nacional como Alizzz, Cupido, Anabel Lee, Besmaya, Julia Nar ou Alison Darwin que compartirán escenario coas formacións galegas The Rapants, Galician Army e Berto. O Nachiños Fest aporta unha oferta musical diferente á temporada estival en Ferrolterra, a música indie, que conxuga con elementos tan identificadores da comarca como son o surf e a natureza.
  • A Xunta de Galicia, a través do seu Comité Permanente de Coordinación, no marco das actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, declara hoxe o nivel de alerta 1 (amarelo) nas zonas do interior denominadas Sur de Lugo e Montaña de Ourense, e o nivel 2 (laranxa) na zona de Valdeorras. Xa mañá as previsións son que as temperaturas tanto mínimas como máximas aumentarán en toda a Comunidade Autónoma, polo que toda ela estará en nivel de alerta 1 (amarelo), aumentando a nivel de alerta 2 (laranxa) certas zonas do interior de Galicia (Sur de Lugo e Miño de Ourense), e da costa de A Coruña (Suroeste de A Coruña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño de Pontevedra) sendo na zona de Valdeorras o nivel de alerta máxima (nivel 3, vermella).
  • O transporte público de titularidade da Xunta rexistra máis de 18 millóns de viaxeiros no primeiro semestre do ano, un 17 % máis que no mesmo período de 2022. Os datos do primeiro semestre avaliados constatan o avance continuado na recuperación da demanda de transporte público, tras a caída desde o inicio da pandemia da covid-19.
  • A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de activar para mañá a alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que se espera que comece arredor do mediodía con temperaturas máximas de ata 40 graos. Xa está activa a alerta amarela por máximas de 36 graos nesta zona da provincia ourensá e mañá pasará a laranxa. Tamén hoxe o aviso é de nivel amarelo no sur da provincia ourensá.
  • O obxectivo do Club de Ciencia é proporcionar un escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese dos participantes por mergullarse nos diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
  • Cultura no Camiño, ciclo de exhibición de espectáculos co que a Xunta dinamiza cada verán a oferta cultural dos concellos vencellados ás diferentes rutas do Camiño de Santiago, entra na recta final da súa 11ª edición con tres intensas semanas de programación que inclúen 73 actuacións artísticas. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coas entidades locais participantes, encárgase da xestión deste circuíto, que está a desenvolver desde o pasado 15 de xuño un cartel con máis de 300 citas escénicas e musicais distribuídas entre 88 municipios.
  • O Faro de Corrubedo, en Ribeira, será o lugar escollido para a despedida desta edición do ciclo de concertos en espazos singulares promovido por Turismo de Galicia e a Fundación LaCaixa, “Festival Mar Aberto, Concertos na fin do Mundo”, que chega ao seu remate esta fin de semana. O sábado, 19 a proposta estará protagonizada por The Gift, un dos máximos expoñentes do panorama da música independente portuguesa, e por Sheila Patricia, cantautora galega que nos achegará as súa música orixinal e chea de forza, influenciada polo jazz, o fado ou o folckore.
  • O DOG publica a resolución de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural o Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside e a súa colección de arte composta por máis de 1500 pezas. Isto supón a aplicación do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, e a protección inmediata da edificación proxectada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat e ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, e das pezas artísticas. Tal e como se recolle na resolución, o expediente fundaméntase no “valor cultural sobranceiro” destes elementos, no seu “destacable interese arquitectónico e artístico” e no seu papel para explicar “a historia da arte galega contemporánea”.
  • Dita rede, que ten un fin educativo e de sensibilización social, remarca a importancia da conduta da poboación adulta coa idea de que sirva de modelo para os máis novos. Así o destacou a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán, na súa visita á praia da Magdalena, para dar conta das novas incorporacións á Rede Galega de Praias sen Fume, nun acto no que estivo acompañada do alcalde do Concello, Fernando Couce. As dez praias que se engaden á rede son, ademais da Magdalena en Cabanas, as de Área Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do maio e Reimúndez, todas elas no Concello de Muros; e as do Espiñeiro, Mera, Naval-Santa Cruz e Santa Cristina no desaugadoiro do río, no Concello de Oleiros.
  • A Xunta de Galicia informa da detección no Concello de Moaña de exemplares do mosquito aedes albopictus, comunmente chamado ‘mosquito tigre’. O goberno autonómico conta cunha Rede Galega de Vixilancia de Vectores que identificou durante o ano pasado máis de 6.000 exemplares de mosquitos con potencial interese pola súa capacidade de ser vectores de transmisión de enfermidades. Desde a posta en marcha do novo Plan Nacional de Prevención, Vixilancia e Control das enfermidades transmitidas por vectores, Galicia colabora tamén co CSIC no impulso do proxecto de ciencia cidadá ‘Mosquito Alert’, que facilita a participación da cidadanía na achega de información sobre presenza de mosquitos.