Notas
-
Unha delegación da Consellaría de Innovación e Industria e mais do Consello de Cámaras de Comercio visita oficialmente os Países Baixos para establecer novas colaboracións coa súa Cámara de Comercio e mais coa Escola de Hostelería da Haia.
-
Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrupta supón a incorporación de Bertolt Brecht ao repertorio da compañía pública. O CDG fará unha xira galega de tres meses.
-
Carmen Gallego e o Ministro de Pesca do estado asiático mantiveron unha xuntanza en San Caetano. Timor é o último dos estados lusófonos pendente de incorporarse ás accións directas de colaboración levadas a cabo pola Consellería de Pesca no exterior.
-
Este servizo reúne as actividades de rexistro e información xeral, ademais doutras loxísticas de distribución da correspondencia e de coordinación coas demais oficinas de rexistro para facilitar os trámites aos cidadáns.
-
Ao longo do último cuadrimestre do ano presentará a oferta turística galega en oito cidades do Estado xunto a unha trintena de empresarios galegos e terá como eixe a comercialización do produto turístico galego e a promoción dos recursos a través das propias empresas turísticas galegas.
-
Licenciada en Xeografía e Historia, na Especialidade de Museoloxía, Aurelia Balseiro, afronta unha nova etapa na que se elaborará un novo proxecto museográfico e museolóxico que contempla a ampliación e a reestruturación do edificio do Museo Provincial.
-
O mito do Quixote e a súa utilización no cine dende diferentes perspectivas e diferentes reximes políticos será o obxectivo do ciclo Quixotes de cine que se pode presenciar no Centro Cultural da Deputación ó longo de tres luns consecutivos.
-
As entidades financeiras galegas, mediante un convenio coa Xunta, comprométense a promover novas liñas de circulante, refinanciamento e ampliación de capital co fin de manter a actividade productiva e o emprego en Galicia. Ampliaranse os avais en 500 millóns de euros.
-
Enmarcada nos actos conmemorativos do 150 aniversario da declaración de Ferrol como cidade, a mostra do Museo de Herrerías arranca coa viaxe que a Galicia da raíña Isabel II efectuou en 1858.
-
O secretario xeral de Relacións Exteriores e presidente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia presentou o posto médico avanzado que se porá a disposición da ONG Solidaridad Médica para despregar na selva amazónica de Bolivia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 506
- 507
- 508
- 509
- 510
- 511
- 512
- 513
- 514
- …
- seguinte ›
- última »