Notas
-
O escritor Carlos González Reigosa gaña o XX Premio de Narrativa Torrente Ballester, da Deputación da Coruña, coa obra A vida do outro. O premio está dotado con 25.000 euros e a publicación do texto.
-
Os dez finalistas foron escollidos polo prestixioso xurado integrado polos deseñadores Cristóbal Vidal, Pilar Bande, María Mariño e Jorge Méndez Galiñanes, e polos responsables académicos Guillermo Gómez Espinosa, Dolores Dopico e María del Mar Ciorraga Souto.
-
A cesión deste ben, que deberá ser empregado con fins de utilidade pública e de interese social, será por un prazo de cinco anos, prorrogables por períodos sucesivos.
-
A conselleira de Cultura e Deporte, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e o presidente da Plataforma, presentaron a Axenda Estratéxica de Investigación da que derivan os proxectos que desenvolverá esta entidade.
-
A fundación, que será constituída proximamente polo Goberno galego, estará situada na sede do Instituto Galego de Información (IGI), en San Marcos, Santiago de Compostela, e empezará a funcionar antes de final de ano.
-
O presidente da Fundación Galiza Sempre clausurou o seminario Outra Europa: a alternativa das nacións sen estado. Beiras salientou a necesidade de construir unha nova Europea baseada na reformulación de obxectivos.
-
Ostenta o récord de permanencia no espazo e asiste en Galicia á XIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que se celebra na Illa de A Toxa (O Grove), organizada polo COTG-AETG e Retegal.
-
Na mostra descríbense as especies pesqueiras máis representantivas de Galicia, as artes e os aparellos de pesca, e as embarcacións tradicionais. Tamén se exhiben un bou de vara, betas ou pezas do xeito, aparellos de pesca artesanal e embarcacións tradicionais galegas.
-
O conselleiro de Economía asinou con 20 entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca o convenio polo que se facilitarán préstamos ás PEMES galegas por 500 millóns de euros.
-
Salientou o obxectivo da Xunta de facilitar financiamento ás empresas para que todos os proxectos viables manteñan a súa actividade e para que se aproveiten as oportunidades de investimento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 505
- 506
- 507
- 508
- 509
- 510
- 511
- 512
- 513
- …
- seguinte ›
- última »