Skip to main content

Novas

  • A Xunta de Galicia firmará un protocolo de colaboración cos gobernos de Asturias, Cantabria e Castela e León para o impulso da mobilidade sustentable do noroeste. O obxectivo é dotar este territorio dun elemento vertebrador que favoreza a descarbonización do transporte. Búscase garantir que os potencias usuarios das vías do noroeste de España dispoñan das infraestruturas necesarias para unha adecuada subministración enerxética adaptada ás diferentes alternativas de propulsión dunha mobilidade e transporte cada vez máis libre de emisións.
  • O Festival RESIS, creado no 2018 polo compositor coruñés Hugo Gómez-Chao é un extraordinario evento artístico que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda co patrimonio e os espazos naturais da Coruña, achegando a música contemporánea á cidadanía. A cita musical, considerada como un dos mellores eventos de música contemporánea de España, mantén o alto nivel dos programas anteriores.
  • Preto de 2.000 persoas visitaron a exposición Picasso branco no recordo azul, organizada pola Xunta de Galicia no Museo de Belas Artes da Coruña, na súa primeira fin de semana. As cifras recollen os visitantes rexistrados nos tres días iniciais de apertura, do venres 24 ao domingo 26 de marzo, cando se achegaron ata a mostra un total de 1.921 persoas, ás que se suman os 150 participantes nas Xornadas Picassianas celebradas no auditorio do propio museo. Picasso branco no recordo azul é a única exposición da Comunidade galega integrada na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023, comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira.
  • O 99% dos concellos galegos terán acceso a servicios financeiros, fronte ao 60% da media española, o que converte a Galicia na segunda comunidade autónoma de España coa maior porcentaxe de concellos no seu territorio no que os veciños teñen garantida a accesibilidade a estes servizos. Esta cifra acádase tralo novo prazo de adhesión aberto en febreiro ao protocolo de colaboración asinado entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), dirixido a aqueles concellos que na actualidade aínda non contaban con servizos financeiros.
  • Os Trens Turísticos de Galicia son unha proposta desenvolvida por Turismo de Galicia, composta por catorce rutas ao longo de toda a xeografía galega, onde descubrir diversos recunchos do noso país: desde achegarse ao punto máis setentrional da Península Ibérica ou a uns dos cantís dos máis altos da Europa continental, ata descubrir as paisaxes de socalcos da viticultura heroica ou pasear por xardíns de pazos con camelias en flor. Todo isto complementado con outros elementos tan importantes como a gastronomía e a historia.
  • Presentouse a guía técnica 'Solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual', que ten como obxectivo difundir as posibilidades da construción con madeira estrutural e as súas calidades. Alí, no marco da Semana da Administración Aberta, destacou esta publicación como froito da colaboración entre a Xunta e a Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (Pemade) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no marco do convenio asinado en 2019 para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e a promoción da madeira na construción.
  • O novo marco guiará ata 2025 as actuacións para evitar na comunidade galega o reparto desigual de xénero no eido dos coidados e para impulsar as carreiras de mulleres e as novas formas de traballo. O deseño do documento parte das conclusións do seu predecesor, o I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade, que estivo vixente entre 2018 e 2021 e supuxo a activación dun cento de medidas transversais por valor de case 850 millóns de euros. O plan promoverá actuacións para axudar ás mulleres a progresar nas súas carreiras profesionais e participar nas esferas de decisión.
  • Galicia bateu récords históricos de ocupación turística en 2022, logrando superar nun 40% as cifras do ano 2021. A nosa comunidade mellorou tamén as súas cifras con respecto ao conxunto do Estado, cunha ocupación oito puntos maior respecto da media e manténdose como o sétimo destino máis importante, unicamente por detrás de Canarias, Cataluña, Baleares, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid. O 38% da demanda concentrouse na temporada alta -meses de xullo e agosto-, ficando a porcentaxe restante repartida entre a temporada media -o 38%- e baixa -co 24% neste caso-.
  • Esta edición contará con tres bandas lucenses: a da escola de gaitas San Martiño de Quiroga, a municipal de Chantada e a do Concello de Monforte de Lemos; ademais das bandas do Concello do Bolo, Fuentes Nuevas de Ponferrada, a ourensana Ladies Band, Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense. Tamén actuarán destacados artistas do mundo da gaita como o asturiano El Pravianu e os galegos Nadia Vázquez -Musette Barroca -e David Bellas -gaita medieval -; que intervirán tamén como xuíces instrutores-; ademais do músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa. O certame deste ano, subtitulado Memorial Muíño, lembra a figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.
  • Inaugurouse hoxe o congreso Mo_Cidade, cun amplo programa de actividades dirixido ao persoal técnico, con xornadas de traballo específicas o xoves e venres; e á xuventude galega, con programación propia o venres pola tarde e o sábado todo o día. O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) será o escenario ata o vindeiro sábado día 25 de charlas sobre o mundo gaming ou o emprendemento, talleres formativos e actuacións musicais, entre outras actividades.