Skip to main content

Novas

  • Con respecto a marzo do pasado ano, o paro diminuíu nun -7,49% (-11.489 persoas), unha caída que se reflectiu nas catro provincias e nas sete grandes cidades galegas; tamén en todos os sectores económicos, liderando o descenso o primario (-16,10%), seguido da industria (-12,13%). Por colectivos prioritarios para a Xunta tamén decreceu, especialmente entre os menores de 30 anos (-11,02%) seguido das mulleres (-6,86%) e dos parados de longa duración (-4,70%). As cifras de parados de menos de 30 anos e de mulleres sen emprego son as menores da serie histórica (2006) para este mes. Ademais, o número de persoas paradas de longa duración é o máis baixo nun marzo desde 2009.
  • Nos últimos tempos puidéronse consultar distintos borradores de Real Decreto sobre a proba de acceso á universidade. O 15 de marzo de 2023 fíxose público un novo borrador de Real Decreto, agora denominado “Proxecto de Real Decreto polo que se regulan as condicións para o acceso e a normativa básica dos procedementos de admisión aos ensinos universitarios oficiais de grao”, con previsión de aplicación nas probas de acceso á Universidade a partir do ano 2024. O devandito borrador non só incide nas probas, tal e como aparecía nos anteriores borradores, senón que incorpora cambios na normativa de acceso e admisión ás universidades públicas.
  • Este festival, volve a presentar un cartel con artistas de primeira liña: Nicky Jam, Jason Derulo, os irlandeses Two Door Cinema Club, Rels B, Sidecars. Tamén estarán Shinova E Danny Ocean. Este primeiro avance complétano Lali, Emilia, Vilán Antillano, Aleesha, Les Castizos, Samuraï e Berto. Xa neste avance vese a aposta do festival por aglutinar talento internacional, nacional e galego para volver ser un dos festivais máis importantes de toda España. O Morriña Fest afronta a súa terceira edición despois do gran éxito da primeira e a segunda cunha gran acollida por parte do público xa que, o ano pasado, máis de 40.000 persoas se deron cita para corear os temas dalgúns dos artistas máis relevantes do panorama actual.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 751, deles 159 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 98 da de Ourense, 86 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 136 da de Santiago e 64 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 127 en unidades de hospitalización e 619 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 692.487 persoas curadas, rexistrándose 4.111 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.064.881. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.641.322.
  • Galicia mellorou o déficit marcado no orzamento, xa que apuntou que se situou nun 0,4 % do Produto Interior Bruto, o que supón dúas décimas menos do límite previsto. Ademais, a comunidade rexistrou unha ratio débeda/PIB do 17,2 %, tres décimas por debaixo do previsto, o que supuxo aforrar 210 millóns de euros, en canto a capacidade de endebedamento. Galicia recuperou no cuarto trimestre de 2022 o nivel do PIB da prepandemia, con varios trimestres de antelación á media de España. Deste xeito, a economía galega medrou un 3,8 % o ano pasado, dúas décimas por riba do previsto.
  • Artistas nacionais e internacionais actuarán en Lugo os días 11, 12 e 13 de maio no marco do sétimo festival Fa Ce La Fest. Os concertos serán na sala Clavicémbalo e na explanada exterior do auditorio Gustavo Freire -aínda queda algunha outra ubicación por determinar. Destaca a presenza da bilbaína La Bien Querida e os cantantes estadounidenses Micah P. Hinson e Ron Gallo. No apartado nacional figuran tamén Depresión Sonora (Madrid) e El Último Vecino (Barcelona); xunto con propostas de música internacional tan variadas como as dos Neatbeats (Xapón); The Shadracks (Reino Unido); Na Noise (Nova Zelanda); e Fee Reega (alemana afincada en Asturias).
  • A Xunta de Galicia presentou esta semana ante o Tribunal Xeral da Unión Europea a demanda de intervención da comunidade autónoma como parte coadxuvante no recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e os seus socios contra o regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea que veta a pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias. Se o tribunal acepta a participación como parte coadxuvante, o Executivo galego poderá intervir no procedemento e defender de xeito directo os intereses tanto da frota afectada como do conxunto da autonomía.
  • O Carballo Interplay arranca a súa décima edición, consolidado como a cita de referencia en contidos dixitais, tanto a nivel galego como estatal. O programa que desenvolverá ata o vindeiro día 1 fará fincapé neste décimo aniversario, combinando experiencias de creación dixital que comezaron a súa andaina hai unha década coas que están a iniciarse na actualidade. A mostra (S8) desenvolverá a súa 14ª edición do 26 de maio ao 4 de xuño en distintos escenarios da Coruña, como a Filmoteca de Galicia.
  • A rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego cubrirá o cen por cen do territorio para apoiar a creación de emprego e de novas iniciativas laborais. Os Polos de emprendemento son unha ferramenta axeitada para facilitar as condicións e crear un ambiente favorable para que empresas e emprendedores poidan crear postos de traballo con futuro na zona na que se asentan, porque aglutinan todos os recursos coa visión posta nas particularidades de cada territorio, nas súas necesidades e oportunidades. Como paso previo á posta en marcha do Polo, o Goberno galego acende o botón do Sistema de Información e intelixencia territorial (SIE), que pode detectar actividades económicas con potencial.
  • Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra 'Valle-Inclán íntimo', que permanecerá aberta ao público no Colexio de Fonseca ata o 1 de abril e que se nutre da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier: Obra pictórica, escultórica, debuxos, caricaturas, retratos de sinaturas coñecidas.