Skip to main content

Novas

  • Os proxectos abranguen accións de exhibición, divulgación, formación ou concienciación social e medioambiental, dirixidas a públicos moi diversos en ámbitos como a danza, o teatro, a música, o audiovisual, a literatura, as artes plásticas, o patrimonio inmaterial ou a innovación cultural. Todas elas responden á finalidade de reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis alá dos grandes núcleos urbanos e contribuír a incrementar a actividade cultural nas contornas rurais. Búscase activar procesos culturais nestas zonas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, estables e de calidade.
  • A RIS3 constitúe unha oportunidade para seguir afondando na especialización intelixente de Galicia, iniciada no ano 2014 coa primeira Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (2014-2020). Para iso, a Estratexia identifica os retos e prioridades nos que concentrar as capacidades, esforzos e investimentos en coordinación co tecido produtivo co obxectivo de crear vantaxes competitivas mediante o desenvolvemento das fortalezas de investigación e innovación. Isto é, identificar os ámbitos nos que Galicia é excelente para especializarse naqueles que poida ser competitiva a nivel estatal e internacional.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonómico vai incorporar o vindeiro curso tres novas materias optativas enfocadas á mellora das competencias financeiras e da intelixencia artificial, que contribuirán ao reforzo dos currículos académicos do ensino secundario obrigatorio (ESO) e de bacharelato. 'A nosa intención e ir un paso por diante das necesidades do futuro e preparar aos alumnos nas necesidades formativas do mañá', indicou.
  • A Xunta insta ao Goberno a habilitar os trens AVRIL para que a alta velocidade chegue ás principais cidades galegas e a modernizar a rede ferroviaria que une A Coruña con Lugo e Ferrol. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez subliñou as actuacións recoñecidas hoxe, o AVE galego e a obra civil e mariña para a descarga de cru en Langosteira, grazas ao esforzo titánico de enxeñeiros, técnicos, directores de obra ou operarios implicados en converter en realidade estas infraestruturas.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o proxecto de Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, unha norma impulsada en setembro do ano 2022 co fin de que a comunidade acade o autogoberno pleno sobre a franxa costeira e garantir o equilibro entre a preservación dos valores, paisaxes e ecosistemas desta zona e a realidade socioeconómica que caracteriza a esta parte do territorio. Rueda lembrou que Galicia 'é a comunidade con máis quilómetros de costa', o que fai que teña un 'modelo produtivo moi ligado ao mar'. Por iso, subliñou que a Xunta aposta por unha regulación de costas 'adaptada á realidade galega' e unha ordenación do litoral 'realista, razoable e eficaz'.
  • Galicia pechou o 2022 cunha execución do orzamento consolidado do 99 %; un déficit orzamentario de 293 millóns de euros, o que representa o 0,4 % do PIB e dúas décimas menos do inicialmente previsto; e cunha ratio débeda/PIB do 17,2 %, o que supón tres décimas por debaixo do previsto. Outra das magnitudes que permiten analizar a xestión orzamentaria e a sustentabilidade das finanzas públicas é o aforro bruto, medido como a capacidade da financiar gastos de capital con ingresos correntes. Este indicador mostra que as finanzas galegas reservan en torno ao 5 % dos seus ingresos correntes (470 millóns de euros) para financiar operacións de capital que contribúen á mellora económica de Galicia no medio prazo.
  • O CDG inicia en Vigo a xira do espectáculo 'Un hotel de primeira sobre o río', cunha función que terá lugar o vindeiro día 4, ás 20,30 h., no Teatro Afundación. A obra de Xohana Torres dirixida por Gonçalo Guerreiro e María Torres, viaxará durante o mes de maio a outros sete escenarios de Galicia e Portugal, despois da súa estrea o pasado 31 de marzo no Salón Teatro de Santiago de Compostela, escenario do que se despide esta fin de semana. O director do CDG, Fran Núñez; a directora de escena María Torres, e a directora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores, presentaron aos medios de comunicación as claves desta montaxe, a segunda produción propia para 2023 do CDG.
  • A gran amplitude de proxectos de investigación que, na USC e dende diversos enfoques, contribuíron a loitar contra a COVID-19 permitiron desenvolver novas estratexias terapéuticas de potencial aplicación á hora de paliar outras patoloxías. Así se puxo de manifesto na xornada que este martes 25 acolleu o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e na que se presentaron as principais conclusións de oito proxectos desenvolvidos dende a institución compostelá co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
  • A Estrada acolle por terceiro ano consecutivo o festival 6coreógrafas, que volve contar coa colaboración da Xunta de Galicia para o seu desenvolvemento hoxe e o vindeiro sábado 29, Día Internacional da Danza, cun cartel que inclúe catro espectáculos galegos e dous obradoiros. A mostra arrancou este mesmo mediodía no Teatro Principal estradense coa estrea O salón dos pasos perdidos, de Paula Quintas Cía, un dos tres espectáculos apoiados pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través da convocatoria de coproducións do Centro Coreográfico Galego 2022.
  • Como socio tecnolóxico e industrial da Xunta desde 2019, a colaboración de Boeing foi determinante para que hoxe o CIAR de Rozas dispoña dun simulador de continxencias e do equipamento máis avanzado en Europa para a simulación de voos con vehículos aéreos non tripulados, que foi o campo no que centrou as súas investigacións. Neste momento tamén se desenvolven outras iniciativas como a Aula Newton na Tecnópole, ou a colaboración que manteñen coa Escola de Enxeñeiros Aeronáuticos da Universidade de Vigo.