Notas
-
Coa posta en marcha desta área protexida dase continuidade á aposta do Goberno galego por este modelo de xestión iniciado coa Reserva Mariña de Lira e baseado no respecto ao medio ambiente e o principio de correspondesabilidade.
-
O acto celebrouse no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) San Xoán de Filgueira, que obtivo o primeiro premio na modalidade de centros de educación infantil, primaria e especial por ter aprendido moitísimo sobre diferentes culturas e convertido a biblioteca no corazón do colexio.
-
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape clausurou o III Encontro de Empresarios Galegos en Rede que reuniu en Santiago a 550 empresarios de orixe galego. Destacou a importancia de consolidar no futuro as relacións postas en marcha no encontro.
-
O alcalde de Ferrol anuncia un acordo unánime de todos os grupos políticos para que a cidade presente, xunto a Rochefort (Francia) e Chatham (Gran Bretaña), unha candidatura conxunta a Patrimonio da Humanidade.
-
Os mariscadores de Pontevedra e Pontedeume poderán volver a comercializar os seus recursos en fresco unha vez que unha parte do banco de Praceres e a Enseada dos Moteis, respectivamente, muden de “C” a “B”.
-
Máis de 240 estudantes de Bacharelato de toda Galicia participarán entre os días 29 de xaneiro e 1 de febreiro, no Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela) na II Liga Galega de Debate.
-
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle o que se considera cumio latinoamericano de xornalismo no que participan responsables dos medios de Latinoamérica, Portugal e España.
-
O Congreso de Medios de Comunicación Construyendo Eurolat garante o establecemento dunha ponte entre a Unión Europea e Latinoamérica na que o arco esencial é Galicia.
-
A empresa viguesa vén de poñer en marcha melloras nas súas liñas de produción, cunha serie de actuacións orientadas principalmente a potenciar as novas tecnoloxías.
-
Comercializáronse máis de 440.000 quilogramos de produtos pesqueiros e marisqueiros certificados baixo este distintivo. Un total de dezanove entidades do sector están a certificar e vender os recursos que capturan os seus profesionais do mar como produto “pescadeRías”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- 507
- 508
- …
- seguinte ›
- última »