Notas
-
Así o afirmou na presentación de Follas novas e Amor de perdição na Casa Museo de Rosalía de Castro. O conselleiro afirma que a gran achega da escritora foi a recuperación dunha forma de entender Galicia na que todos os galegos se senten “reflectidos e cómodos”.
-
Prevé actuacións nos concellos de Allariz, Paderne, Taboadela e San Cibrao das Viñas. A iniciativa contempla ademais a rehabilitación de patrimonio e a construción de 2.000 vivendas protexidas. Servirá para resolver as conexións coa autovía A-52 e prevé a integración das liñas do AVE.
-
No ano 2006 desenvolvéronse sete proxectos: dúas escolas obradoiro e cinco obradoiros de emprego. Nos proxectos desenvolvidos ao longo de 2006 participaron un total de 274 alumnos e a Consellería de Traballo realizou un investimento total de 2.605.811 euros.
-
Santiago Domínguez Olveira asistiu á presentación do salón Vigo Náutica Internacional 2007. Neste salón celebrarase o foro NauticAtlántica, que estudiará a situación do sector en Vigo, cidade que “reúne todos os requisitos para convertese no maior parque de servizos náuticos-deportivos da Europa Atlántica”.
-
O Software Libre goza dunha imaxe excelente sendo o seu descoñecemento a principal razón para non empregalo.
-
Presidiu a presentación do novo libro-receitario dos Amigos da Cociña Galega, que inclúe preto de duascentas preparacións dos 16 restaurantes do grupo.
-
Fernando Salgado presenta en Santiago a producción multimedia ‘Cortázar en Galicia’. A montaxe que permanece na rede inclúe unha recreación virtual da exposición sobre o autor arxentino.
-
Con esta iniciativa, enmarcada dentro Plan de Recuperación do cefalópodo, establécese un sistema de explotación axeitado ás características concretas da Costa Noroeste, a Costa Cantábrica e as Rías Baixas.
-
O alcalde de Vilagarcía agradeceu o esforzo da Dirección Xeral para o Deporte por poñer en marcha este proxecto “nada máis chegar ao goberno”. Santiago Domínguez manifestou a súa satisfacción porque se están cumprindo ben os prazos de execución e agárdase poder inaugurar o centro no verán do 2007.
-
O vicepresidente gabou a postura construtiva, dialogante e cooperante da Consellería do Medio Rural fronte á actitude do Ministerio, que finalmente aprobou o Plan “sen contar con nós”. Anxo Quintana propuxo a posta en marcha dunha federación galega de asociacións de empresarias e emprendedoras de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 572
- 573
- 574
- 575
- 576
- 577
- 578
- 579
- 580
- …
- seguinte ›
- última »