Notas
-
Jaime Lissavetzky presentou un proxecto do Libro Blanco do Deporte Escolar, que marcará as pautas desta área do deporte para todo o Estado. Tamén se falou dun borrador que regule o exercicio profesional da actividade físico-deportiva.
-
A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, anunciou que a Xunta destinará 100.000 euros en 2007 para financiar un proxecto de educación infantil que UNICEF está a desenvolver en Senegal.
-
Pérez Touriño presidiu en Vigo a presentación do plan Beiramar, que implicará un investimento de 134 millóns de euros para ampliar a oferta de ocio, deporte e cultura da cidade. Sostén que a ampliación das instalacións portuarias e a construción da plataforma loxística Salvaterra-As Neves abren un espazo de oportunidade para a cidade.
-
O director xeral de I+D+i inaugurou a sede da Oficina no Centro de Innovación e Servizos de Ferrol. A OPIDI terá delegacións en Santiago de Compostela e Bruxelas.
-
Propoñen crear observatorios da corrupción e incorporar a ética na formación, selección e promoción do persoal ao servizo da Administración. Un experto alerta da incidencia dos aparatos burocráticos privados sobre as decisións que se toman nas administracións públicas.
-
A Vicepresidencia xestiona o novo Rexistro de Convenios, onde se contemplan non só os asinados pola Xunta, senón tamén por todos os seus órganos dependentes.
-
No anterior reparto de fondos comunitarios (IFOP), a comunidade galega acadara un 45,3% do total repartido fronte ao 63,19% conseguido actualmente. A industria de transformación, o sector acuícola e a frota de baixura serán os máis beneficiados.
-
A Fundación Ciclismo Galego presentou a camiseta coa que o Karpin Galicia sairá ás estradas desde o día 11 de febreiro, na Vuelta a Mallorca, no que será o seu primeiro compromiso oficial.
-
O Plano contempla axudas para os homes que reduzan a súa xornada laboral para coidar a un fillo ou a posta en marcha dunha rede de canguros, entre outras medidas.
-
A Consellería de Cultura, a través do IGAEM, inicia en xaneiro este novo circuíto musical no que participan 70 formacións con preto de 1.000 recitais. A asociación Clubtura colabora na organización dos dous períodos anuais de actividade, un de xaneiro a xuño e outro de outubro a decembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 576
- 577
- 578
- 579
- 580
- 581
- 582
- 583
- 584
- …
- seguinte ›
- última »