Skip to main content

Novas

  • Galicia e Portugal buscan sinerxías que permitan seguir estando á vangarda da cooperación e mellorando a economía e a capacidade de atender a cidadanía, no encontro entre o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Antonio Cunha, organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia. Un dos obxectivos prioritarios para Galicia é a busca de novas vías de colaboración co país luso para a consolidación da Eurorrexión como “referente de cooperación institucional, económica e cultural”.
  • A Xunta de Galicia insiste en solicitar á Sareb unha proposta concreta que inclúa o estado actual das vivendas que a entidade financeira ten dispoñibles na Comunidade e as condicións para a súa cesión. Nunha carta enviada á entidade financeira, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, reitera a necesidade de dispoñer de información detallada sobre os inmobles que ofrece nas grandes cidades e nas súas áreas metropolitanas.
  • Este ano son 113 areais, 12 portos deportivos e 14 centros azuis (aulas do mar ou da natureza) os que acadan bandeira ou certificado azul pola calidade das súas augas, a xestión medioambiental e os servizos ofrecidos. Logran por primeira vez este distintivo as praias de Caranza (Ferrol) e O Adro (Vigo) e recupérano a praia de Rodeira (Cangas) e o porto de Pedras Negras (O Grove). Ademais Galicia conta con 35 sendeiros con bandeira azul -entregadas no mes de febreiro- que a sitúan como a comunidade con máis camiños que acadan esta distinción de todo o país.
  • O Centro Dramático Galego conmemorará en 2024 o seu 40º aniversario coa estrea no mes de abril dunha produción propia de gran formato que será unha das máis ambiciosas da súa historia, ao requirir en escena 20 actores e actrices. Tamara Canosa será a directora desta montaxe que xogará coas premisas que rexen os chamados talent shows, un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos. A competitividade, as expectativas da superación, as presións constantes ou as esixencias impostas para o sacrificio son algunhas das coordenadas deste tipo sobre as que pivotará unha produción que, ademais, explorará novas vías para a creación escénica grazas ás residencias artísticas internacionais que se desenvolverán co proxecto europeo Phōnē.
  • A guerra de Ucraína, o cambio climático, a inflación… o contexto de crise global ten múltiples repercusións en moi variados escenarios, entre outros no da igualdade de xénero e a loita contra a violencia machista. Este impacto da multicrise é un dos temas centrais que se abordan nas VIII Xornadas Universitarias Galegas de Xénero que se celebran en Vigo. A organización desta edición da cita das oficinas de igualdade das universidades galegas correspóndelle á UVigo e ten como lema Epistemoloxías feministas en acción.
  • Foi presentada a ampliación da ruta Eurovelo na nosa comunidade, o que fará que no ano 2024, Galicia sexa a única rexión onde rematan dúas das 17 rutas que conforman a Rede. EuroVelo é unha rede que atravesa 42 países ao longo de máis de 90.000 quilómetros. Unha das particularidades destas rutas é que poden ser utilizadas tanto por cicloturistas como polos habitantes locais que realizan os seus traxectos diarios. Os obxectivos deste rede encaixan na promoción das viaxes sustentables, no impulso económico, ambiental e social dos territorios polos que transcorre e aposta pola promoción dun medio de transporte que repercute positivamente na saúde dos seus usuarios, xa que se logran hábitos de vida saudable e se empregan medios de transporte totalmente respectuosos co medio ambiente.
  • Presentouse a programación do Corazón da Artesanía - Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que celebrara a súa décima edición os días 7, 8 e 9 de xullo no recinto histórico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). O Corazón da Artesanía é un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, o deseño ou a gastronomía. En horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas e durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único.
  • Como cada ano, a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia acolle catro salóns paralelos co Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), a Feira de caza, pesca e natureza (Fecap Abanca), o Salón Turístico de Galicia (Turexpo), e a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se converten nos mellores escaparates do carácter punteiro galego en cada un destes sectores. A eles súmanse eidos como a gandería, o enerxético a través da biomasa, o da maquinaria agrícola ou o das mascotas. O evento prolóngase ata o domingo 11, con acceso de balde.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello aprobou na súa reunión semanal 'a maior oferta de prazas de formación sanitaria da historia de Galicia para o exercicio 2023-2024'. En concreto, o titular do Goberno galego explicou que vanse ofertar 636 prazas, das que 'un terzo (207) serán para médicos de familia e outras 52 para enfermeiros de Atención Primaria'. Isto supón que os hospitais e centros de saúde do Sergas contarán no vindeiro exercicio con 16 residentes máis que en 2022. 'O número de prazas de formación sanitaria en Galicia non deixou de medrar desde 2012', lembrou o presidente, que subliñou que na última década 'o incremento foi do 70%' ao pasar das 381 prazas ofertadas para 2014-2015 ás 636 da vindeira convocatoria.
  • O Museo de Belas Artes da Coruña acollerá este domingo o último dos cinco concertos dedicados a Picasso e ás cidades nas que residiu e traballou ao longo da súa vida, nos que se interpretan obras de compositores contemporáneos de Picasso, moitos dos cales foron coñecidos e admirados por el. Enmárcase nas actividades paralelas da mostra Picasso branco no recordo azul coa que a Xunta conmemora o 50 aniversario da morte do artista e que se poderá visitar ata o 25 de xuño. Así, o domingo 11 de xuño a partir das 12,00 horas poderase gozar do cuarteto Bélle Epoque na Coruña, despois de que o ciclo musical puxese o foco nas cidades de Málaga, Barcelona e París.