Skip to main content

Novas

  • A cifra do desemprego descendeu por primeira vez en Galicia nos últimos 27 anos por debaixo das 130.000 persoas. O mes de xuño pechou con 129.024 persoas en desemprego, a cifra máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996. Así o destacou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na valoración que fixo dos datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social que se publicaron hoxe. A titular de Emprego sinalou que o desemprego baixou e as cotizacións aumentaron tanto na evolución anual como mensual e apuntou que a cifra do paro dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego é a mellor desde que hai rexistros destas variables (2005).
  • A programación cultural impulsada pola Xunta en colaboración con distintas empresas e administracións locais baixo o lema A cultura de Galicia é un CulturON porá o foco este verán no 'talento, profesionalidade e excelencia do sector' con máis de 2.500 propostas 'diversificadas e repartidas por todo territorio para ampliar públicos e garantir o acceso a todas as persoas'. Así o manifestou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nun acto acompañado polo seu equipo no que se presentou a oferta cultural para os vindeiros meses que, como indicou, 'reflicte o gran momento de crecemento e de pluralidade creativa que vive a cultura galega' e que deixará pegada nos territorios nos que se ofrecerá xa que se prevé que mobilice 4M€.
  • O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo hoxe un encontro cos presidentes da federación galega e das tres provinciais de confrarías de pescadores (A Coruña, Lugo e Pontevedra) para analizar a situación do sector e os retos máis inmediatos que afronta. Neste primeiro contacto conxunto tralo seu nomeamento, o titular de Mar trasladou aos representantes das confrarías que a nova Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia -que se debate mañá no Parlamento- vai outorgar ás empresas do complexo mar-industria a seguridade xurídica que precisan, e o Goberno central lles nega, para seguir instaladas preto da costa.
  • Como todos os anos, coa chegada do verán, a Xunta, a través de Augas de Galicia, pon en marcha unha campaña destinada a lembrarlle a todos os galegos e galegas a importancia de minimizar o consumo de auga, para conseguir así ademais un aforro económico para as familias, mentres evitamos o desperdicio dun ben tan prezado. O proxecto ‘Cada litro conta’ chama a toda a poboación a facer pequenos cambios nos sus hábitos, encamiñados a conseguir un consumo máis responsable deste recurso. Deste xeito, loitaremos tamén por asegurar a dispoñibilidade de auga no futuro, e con iso preservar hábitats e ecosistemas fluviais.
  • O Consello da Xunta acordou manter a bonificación adicional do 50 % no transporte público autonómico ata xaneiro de 2024, `prorrogando durante seis meses máis, os descontos que vén aplicando desde setembro de 2022. Seguirá, xa que logo, achegando o 20 % da bonificación total. Esta bonificación do 50 % continuará a aplicarse no transporte interurbano de competencia autonómica, no autobús urbano de Pontevedra e de Ferrol –xa que os servizos se prestan con concesións da Xunta– e no transporte de ría entre Vigo e Cangas e Moaña.
  • O Consello da Xunta ven de aprobar as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización, por un importe de 1,5 M€. As axudas teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital das empresas turísticas pola incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, co fin de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do turismo.
  • O Consello da Xunta nomeou o xoves como novo director da Axencia de Turismo de Galicia a Xosé Manuel Merelles Remy. Nado na Rúa (Ourense), é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama.
  • O presidente da Xunta cualificou aos premiados pola D.O. O Ribeiro como baluartes da Galicia Calidade e do rural con oportunidades, e asegurou que os recoñecementos son proba do arraigo do sector, da excelencia dos viños galegos recoñecida dentro e fóra de Galicia e da confianza en que os produtos galegos poden conquistar o mundo. Alfonso Rueda valorou a forza da viticultura en Galicia, asegurou que a Xunta traballa para dar resposta as súas demandas, e subliñou a aprobación da Lei de recuperación da terra agraria, os preto de 30 millóns en axudas para investimentos, exportacións e reconversións; a futura Lei de calidade alimentaria e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.
  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento, instou ao Executivo central a que destine os medios materiais e humanos necesarios para axilizar a execución desa solución completa na autovía e garantir dese xeito a seguridade viaria. Salientou que a rectificación do Goberno, que agora se avén a executar por emerxencia e de xeito simultáneo as obras dos dous viadutos, demostra que a Xunta tiña razón, que as súas valoración técnicas eran correctas e a súa proposta era a máis acertada.
  • O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reivindicou a necesidade de que as políticas pesqueiras de Bruxelas conten co maior rigor científico posible e aposten por unha implantación gradual para facilitar a adaptación da frota. O titular de Mar salientou durante a clausura da X Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca que o cariz medioambientalista que está a tomar a Comisión Europea nos últimos tempos é inaceptable e que non poden repetirse casos como o veto á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias.