Notas
-
Carmen Bouso presentará as iniciativas do Consello Galego de Pesca para paliar as oscilacións na subhasta das especies peláxicas.
-
A conselleira sostivo que a modificación normativa xurde en gran parte dos positivos resultados acadados na xestión da crise do Prestige.
-
A Xunta de Galicia quere respostar do xeito máis eficaz ó avellentamento xeralizado da colectividade galega e a unha continuada liña de cooperación co país austral en materia alimentaria ós sectores de poboación máis desfavorecidos.
-
O Diario Oficial de Galicia do martes 12 de abril de 2005, publica as seguintes disposicións:
-
- Foi presentado en San Caetano por Manuel Fraga. - A posta en marcha deste sistema está en consonancia coas iniciativas da Unión Europea neste eido - Segundo opinou o presidente da Xunta, o servidor cartográfico cubre un baleiro existente na Comunidade xa que non se dispoñía de ningún sistema de información do territorio galego destas características en Internet - O acceso á web permitirá visualizar a cartografía cunha grande definición de pantalla
-
Docentia terá lugar no mes de maio en Santiago e reunirá a profesionais do sector de procedencia nacional e internacional.
-
- Ponse en marcha a solicitude dobre para irmáns que queiran asistir xuntos a un campamento - A oferta inclúe unha vez máis prazas para nenos de menor idade co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar - Amplíase a posibilidade de entrar en lista de espera ás cinco opcións sinaladas na solicitude
-
A conselleira de Asuntos Sociais presentou o estudo da Fundación ONCE: As contas da economía social. O terceiro sector en España. A economía social xera o 5% dos postos de traballo totais en Galicia.
-
O conselleiro Xosé Manuel Barreiro e o director de Ecoembes, Melchor Ordóñez, asinaron en Santiago o convenio de colaboración. As achegas económicas aos concellos distribuiranse en función da calidade dos residuos recollidos. O 94% dos municipios están adheridos ao convenio marco de recollida selectiva, o que supón o 98 por cento da poboación galega. En 2004 reciclouse en Galicia a metade dos envases comercializados, o que sitúa a comunidade dous puntos por riba da media nacional.
-
A conselleira falou dos novos retos que debe afrontar o sector da madeira e das ferramentas habilitadas pola Administración para superalos. A mostra reuniu no recinto feiral máis de cincuenta expositores profesionais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 747
- 748
- 749
- 750
- 751
- 752
- 753
- 754
- 755
- …
- seguinte ›
- última »