Notas
-
- O día 13 de abril, celébrase un Simposio internacional sobre asistencia ventricular mediante un novo concepto de Levitación magnética - Está indicado para pacientes en postoperatorio que sofren shock cardioxénico e para aqueles que entran en fallo ventricular estando en lista de espera para recibir un corazón - É o sistema que máis reduce o risco de formación de trombos e embolismos, ademais de ser o máis económico do mercado
-
Así o explicou o Xefe da Unidade de Xestión de Recursos da CE ó Consello Galego de Pesca nunha xuntanza en Santiago.
-
- O presidente da Xunta participou, xunto coa ministra de Cultura, na entrega dos Premios Nacionais de Literatura 2004, que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo - Resalta que a literatura en lingua galega, ata hai pouco “case unha descoñecida”, está sendo cada vez máis valorada pola crítica, ten presenza nos principais foros hispánicos e lusófonos e contribúe ao universo literario a través de múltiples traducións - Lembra que os galegos “logramos, a base de esforzo e traballo, unha soa Galicia: unha terra, un pobo, unha lingua e unha cultura” - “Nós, que historicamente formamos parte de España, e que estamos orgullosos diso, seguimos participando e achegando o mellor do noso ao mundo hispánico”
-
López Veiga comunicoulle á ministra o "total desacordo" coa decisión e califícaa de discriminatoria, xa que a costa galega concentra a maioría da flota implicada.
-
No Diario Oficial de Galicia do mércores, 6 de abril, publícanse as ordes polas que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualificar os procesos selectivos para o ingreso por promoción interna nos corpos superior, de xestión, de administración e auxiliar da Xunta de Galicia, correspondentes a oferta de emprego público do ano 2004.
-
Así o manifestou o presidente da Xunta, Manuel Fraga, no decurso da VIII Gala da Hostalería e o Turismo de Galicia, celebrada na Cidade da Muralla.
-
O conselleiro de Sanidade asinou o acordo establecido entre o Sergas e todas as Centrais Sindicais sobre carreira profesional que afecta a máis de 5.000 profesionais. O texto asinado incidirá directa e positivamente na mellora do servizo público e da atención ó cidadán ademais de situar ós médicos galegos entre os mellor retribuidos por este concepto a nivel estatal. O proxecto de Decreto da Administración sanitaria galega permitirá o acceso á carreira profesional en xullo deste mesmo ano para os facultativos e licenciados sanitarios con praza fixa adiantándose á maioría de servizos de saúde estatais.
-
O conselleiro destaca que a Xunta é a única administración española capaz de pechar as estatísticas dos buques e da pesca nuns poucos meses.
-
A consellería achegará 42.000 euros para financiar catro proxectos de carácter formativo na área dos servizos sociais .
-
En colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense levaranse a cabo actuacións de información, formación profesional e orientación e práctica laboral. A conselleira asinou a resolución pola que se autoriza o financiamento desta iniciativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- 761
- …
- seguinte ›
- última »