Skip to main content

Notas

  • * O presidente da Xunta participa en Compostela na sinatura da Carta Aalborg, documento que garante o desenvolvemento sustentable nas cidades, e que hoxe foi ratificado polas 18 urbes que conforman o Eixo Atlántico * Aborda os principais eixos de actuación medioambiental do seu Goberno, entre os que salienta a posta en marcha dunha rede de concellos sustentables de Galicia * Sinala o compromiso da Xunta coa implantación das Axendas 21 Locais e coa realización de análises de auditoría urbana co obxecto de “medir” e “comparar” a calidade de vida dentro da Eurorrexión * Avoga por fortalecer as relacións entre Galicia e Norte de Portugal co obxectivo de que a Eurorrexión se convirta nunha ferramenta estratéxica para acadar a competitividade * Reafirma o compromiso da Xunta para traballar cos gobernos de España e Portugal na conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e o país luso * Afirma que desde a Comisión de Traballo Galicia-Norte de Portugal asumiuse a iniciativa política de “tirar adiante” do proxecto da alta velocidade
  • ? A iniciativa posta en marcha pola Consellería de Pesca contou co apoio das cofrarías de pescadores de Ribadeo, Foz, Burela, Celeiro, O Barqueiro, Cariño, San Cibrao, O Vicedo, Espasante e Cedeira. ? O principal obxectivo deste plan experimental, no que hoxe participaron unhas trescentas persoas, é promover o consumo do ourizo, un produto moi apreciado en outras comunidades autónomas
  • Diego Bello Pena do Restaurante Playa Club de A Coruña volveu proclamarse campión galego de cociñeiros na VIII edición bienal deste Campionato, celebrado no Centro Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela baixo o patrocinio da Dirección Xeral de Turismo e CEHOSGA, e representará novamente a Galicia no Campionato de España de Cociñeiros, que se celebrará en maio.
  • * A directora xeral de Cooperación Exterior participou en Padrón nun acto conmemorativo do Día Escolar pola Paz.
  • * A Xunta e o Principado acordan no VII Cumio Galaico-Asturiano a creación dun consorcio que se encargará de deseñar un plan conxunto de desenvolvemento da ría de Ribadeo * As dúas comunidades solicitarán ante Fomento que este ano estean licitados ou en obra todos os treitos pendentes da Autovía do Cantábrico * Impulsarase unha rede de comunicacións interiores a través das conexións da Fonsagrada con Oscos e Grandas de Salime e da Pontenova con Taramundi * Asinarase un protocolo de colaboración na loita contra os incendios forestais que permitirá o intercambio de información e o uso conxunto de medios de extinción * Os dous gobernos comprométense a impulsar proxectos conxuntos no eido da educación, innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a investigación para obter financiamento estatal e europeo * Solicitarán ao Consello do Patrimonio Histórico Español para que o Camiño Norte sexa declarado Patrimonio da Humanidade
  • * O presidente galego participou en Vigo na cerimonia de botadura da embarcación, amadriñada pola Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía * O buque foi construído en Galicia grazas a un convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e Ciencia, o Consello Superior de Investigacións Científicas e máis a Xunta, que achegou o 20% do financiamento
  • Ante as novas aparecidas na prensa galega esta semana que recollían a nosa marcha da UMG-UPG, temos que comunicar o seguinte:
  • * O máximo mandatario autonómico mantivo o primeiro encontro institucional co presidente do PPdeG * Asegura que a reforma da Lei Electoral se fará por acordo das forzas que compoñen a Cámara galega * Propón a creación dun grupo de traballo no Parlamento para lograr un Pacto polo territorio e as infraestruturas * Pretende levar unha posición conxunta desde Galicia, en materia de financiamento, ao Consello de Política Fiscal e Financeira
  • * As axudas previstas nos distintos programas prestan especial atención ás mulleres e aos mozos. Exemplo disto é que se cuadriplica a subvención mínima que percibirán os menores de 30 anos polo inicio da súa actividade como autónomos * Os novos autónomos poderán solicitar unha subvención para financiar os gastos realizados nos dous meses previos e/ou nos seis primeiros meses da actividade * As empresas de economía social recibirán incentivos pola incorporación como socios traballadores de empregados vinculados á empresa por un contrato temporal
  • * O circuíto promovido polo IGAEM, que por vez primeira acada a cifra de 45 concellos e entidades como socios, inicia en 2006 un proceso de remodelación * Representantes das compañías, salas de exhibición e administración integran a Comisión Técnica de Reforma que vén de constituirse en Santiago